Os obreiros de Industrias Xove reivindican de novo a subrogación de 32 empregados

Continúan a concentrarse diante da fábrica de Alcoa para que os operarios podan seguir nos seus postos de traballo

Concentración dos obreiros de Industrias Xove. AXM

Os traballadores de Industrias Xove seguen o seu programa de concentracións fronte á fábrica de Alcoa en San Cibrao para pedirlle á multinacional a subrogación de 32 obreiros.

Os empregados prestaban servizos de limpeza, obra civil e construción de muros refractarios, contratos que Industrias Xove perdeu e pasaron a novas concesionarias.

Tras presentar a empresa un ERE que foi retirado, logo de negociar coa UXT, os obreiros instan á multinacional a que acorde coas novas adxudicatarias a recolocación dos traballadores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here