Expomar, que lucirá na feira Sinaval de Bilbao, ten “case todos os stands ocupados”

O presidente e mailo xerente da fundación organizadora reuniranse este martes coa conselleira do Mar, Rosa Quintana

O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, nunha edición da feira de artesanía Produart. AXM

O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, asegurou este luns que “case todos os stands” da feira náutico pesqueira “están ocupados”.

Llano e mailo novo xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, “Brais”, manterán este martes en Santiago de Compostela unha xuntanza coa conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A dirixente da Xunta de Galicia e os representantes da fundación falarán da feira, que se celebrará do 9 ao 12 de maio.

Llano asegurou que “sempre houbo moi boa relación coa Consellería do Mar. Hai realmente moito interese mutuo en que esta feira saia ben. De momento imos contarlles que que case todos os stands están ocupados”.

O presidente da Fundación Expomar afirma que “imos escoitar propostas e falaremos de como imos facer a inauguración e as presentacións”.

PRESENTACIÓNS

Así, Llano anunciou polo de agora tres citas nas que se presentará a feira; Bilbao, Lugo e Santiago de Compostela.

Expomar estará presente cun stand na feira internacional maritímo-pesqueira e naval Sinaval, que se celebrará do 12 ao 14 de febreiro en Bilbao e que é un congreso de referencia a nivel español.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here