InicioEconomíaA Xunta estudará reunir o Consello Galego de Pesca en Burela

A Xunta estudará reunir o Consello Galego de Pesca en Burela

A Fundación Expomar propúxolle á conselleira do Mar que o evento se celebre paralelamente á feira náutico pesqueira, do 9 ao 12 de maio

Publicada o

- Advertisement -

Representantes da Fundación Expomar propuxéronlle á conselleira do Mar, Rosa Quintana, celebrar un pleno do Consello Galego de Pesca en Burela durante a feira náutico pesqueira, que será do 9 ao 12 de maio.

O alcalde de Burela e presidente da fundación, Alfredo Llano, e mailo xerente, José Manuel González “Brais”, solicitaron na súa xuntanza coa representante do Goberno galego que o pleno se celebre “paralelamente a Expomar, dado que aí se concentra aquilo que interesa máis ao sector”, indica Llano.

Segundo expón o presidente da Fundación Expomar, a coincidencia en tempo e lugar destes dous eventos “fortalecería o que é a nosa filosofía e daríalle un impulso. As conclusións que se poden sacar en Burela poden ser definitivas e realmente importantes para o sector, ao que se uniría ao encontro empresarial”, asegura.

Llano afirma que “a conselleira quedou de valoralo esta semana” e agarda “que poda ser en Burela”. As reunións do Consello Galego de Pesca, que se celebran tres ou catro veces ao ano aproximadamente, soen celebrarse en Santiago de Compostela, aínda que se teñen organizado puntualmente na Coruña.

Os plenos supoñen unha xuntanza de decenas de persoas, xa que no organismo participan asociacións de produtores e de armadores e os patróns maiores de todas as confrarías galegas, 63. A conselleira do Mar preside a reunión.

XORNADAS TÉCNICAS

Á xuntanza entre os dirixentes de Expomar e os da Xunta, na que tamén participou a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, tamén se abordaron cuestións como a temática que centrará as xornadas técnicas.

Segundo explica Llano, o Executivo autonómico propuxo tratar “a comercialización, a industrialización e a calidade e tamén é posible que se fale do brexit. Tamén falamos da formación profesional, para que haxa máis circulación e motivación para dedicarse ao sector pesqueiro e que haxa unha garantía do relevo xeracional”, sostén.

PRESENTACIÓNS

As posibles presentacións de Expomar tamén se abordaron durante as conversas, e Llano sinala que “imos intentar facer unha en Santiago”. A feira contará cun stand en Sinaval, en Bilbao, no vindeiro mes de febreiro.

APOIO ECONÓMICO

No tocante ao apoio económico e institucional, o presidente da Fundación Expomar agradece “que a Consellería do Mar sempre se portou extraordinariamente ben e segue nesa liña. Estamos conformes e saímos moi satisfeitos”, xulgou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...