Alcoa ofreceu prexubilacións aos 57 anos en San Cibrao para reubicar 50 obreiros de Avilés e A Coruña

Os sindicatos rexeitan a proposta da multinacional de "despexar vacantes en Aluminio Español" coa baixa incentivada dos traballadores desa idade ou superior

Fábrica de Alcoa en San Cibrao. AXM

Alcoa propuxo nas negociacións que mantén cos traballadores de A Coruña e Avilés a posibilidade de recolocar na planta de San Cibrao ata a 50 empregados das fábricas para as que presentou un ERE de extinción.

Segundo asegurou a comisión negociadora nun comunicado de prensa, a solución proposta pola firma pasaría por “despexar vacantes en San Cibrao, na factoría de Aluminio Español, ofrecéndolles aos traballadores de 57 anos ou máis a 31 de decembro do 2018 a posibilidade de prexubilarse“.

Neste caso, as persoas con maior antigüidade e que non cheguen á mencionada idade terían prioridade na ocupación das vacantes, cunha distribución equitativa para as dúas plantas.

Alcoa tamén ofrece prexubilacións obrigatorias aos empregados de entre 57 e 63 anos de Avilés e A Coruña, unha medida que afectaría a 22 persoas.

REXEITAMENTO DOS TRABALLADORES

Os sindicatos aseguran nese mesmo comunicado que “rexeitan rotundamente” a proposta da multinacional do aluminio “ao non exporse ningunha posibilidade de continuar coas fábricas“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here