Os sindicatos presionan: “que o Goberno deixe de esperar alternativas que veñan de Alcoa”

A comisión negociadora do ERE para Avilés e A Coruña asegura que o Executivo "ten o apoio político necesario a nivel nacional" para intervir as plantas

Protesta na Coruña contra o peche das plantas de Alcoa. REBELIÓN ALUMINIO

A comisión negociadora do expediente de regulación de emprego de Alcoa asegurou que o Goberno conta coas ferramentas “necesarias” para realizar unha intervención “inmediata” e solucionar o conflito do ERE de extinción presentado pola multinacional do alumino para as súas plantas da Coruña e Avilés.

Poden intervir, pero están a esperar a que nós teñamos un acordo“, declarou o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en Avilés, José Manuel Gómez de la Uz.

Nesta liña, o sindicalista engadiu que un acordo “só serve para pechar empresas” e que os sindicatos solicitan que os 686 empregados das dúas factorías poidan seguir traballando.

“Alcoa, se quere marchar, que poña o diñeiro e que sexa o Goberno quen busque un investidor“, defendeu Gómez de la Uz.

Á súa vez, o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, defendeu que o Executivo conta “co apoio político necesario a nivel nacional” para lograr a continuidade das plantas da Coruña e Avilés.

O PRAZO EXPIRA ESTE MARTES

Este martes expira o período de consultas do ERE e ao longo do día sucederanse as conversas entre as tres partes.

Podes consultar a nova completa en Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here