O Goberno compromete un estatuto para a industria electrointensiva en tres meses

A ministra de Industria anunciou que a mesa de seguimento porase en marcha "en menos dun mes" para dar aos traballadores "unha solución definitiva"

Maroto, con membros do comité de empresa de Alcoa. AXM

EFE. Os traballadores da planta da multinacinal metalúrxica Alcoa na Coruña comezaron a apagar a primeira das dúas series do proceso de electrolise, que continuará co arrefriamento e desconexión da segunda a principios da semana que vén para deter a produción de aluminio primario.

O apagado das series de electrolise forma parte do acordo alcanzado entre a empresa e o cadro de persoal para manter os postos de traballo ata o 30 de xuño, se ben este plan está condicionado a que conclúan o proceso de desconexión e deixen de producir aluminio primario antes do 1 de marzo.

Deste xeito, a serie 1 de electrolise comezou a parada das 50 cubas activas das 128 que dispuña, mentres que a serie 2, con 120 cubas activas dun total de 144, será desconectada a vindeira semana.

As series de electrolise, que levan anos producindo ao 70% da súa capacidade, teñen que ser arrefriadas pouco a pouco para evitar que as cubas, que alcanzan valores superiores aos 950 graos para poder separar o osíxeno do aluminio, rachen durante o proceso polo cambio brusco de temperatura.

A dirección en España da multinacional estadounidense comprometeuse a investir 20 millóns para pór en marcha as series de electrolise, no corazón da fábrica, no caso de que apareza un comprador.

OFERTAS

Tras anunciar o pasado luns que “xa se avalían ofertas” para as plantas de Alcoa Coruña e Avilés, a ministra de Industria, Reyes Maroto, reuniuse este martes reuniuse cos traballadores da fábrica coruñesa.

Maroto anunciou a creación dunha mesa de seguimento de Alcoa que “se porá a traballar en menos dun mes” para dar “unha solución definitiva” aos obreiros de Avilés e A Coruña.

ESTATUTO

No tocante ao estatuto para a industria electrointensiva como gran consumidora de enerxía, a ministra comprometeuse a levalo ao Congreso dos Deputados en “menos de dous meses” e a tramitalo “en menos de tres” para favorecer a aparición de compradores. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here