InicioEconomíaEnce incentiva a repoboación das masas de eucalipto con máis de 30...

Ence incentiva a repoboación das masas de eucalipto con máis de 30 anos

Por cada tonelada entregada, a empresa aumentará a retribución sete euros e facilitará catro plantas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A empresa Enerxía e Celulosa (Ence) lanzou unha campaña en Asturias e Galicia para favorecer a renovación das masas de eucalipto de máis de 30 anos, aquelas que xa superaron a súa fase de maior crecemento.

Así, a iniciativa, que se extenderá ata o 30 de xuño do presente ano, inclúe bonificacións no prezo da madeira e obsequio de plantas de eucalipto, aspira a “obter máis madeira” da mesma superficie forestal e a “xerar máis emprego”.

Durante este período, Ence ofrece unha prima adicional de sete euros por tonelada por riba das tarifas actuais, por aquela madeira de eucalipto que proceda de parcelas nas que, polo menos, un de cada dez árbores teña un diámetro de 70 centímetros ou máis na súa base.

Adicionalmente, Ence entregará catro plantas de eucalipto por tonelada, para facilitar a repoboación forestal.

PERÍODO DE MADUREZ

Segundo expón a papeleira, a especie globulus de eucalipto alcanza a súa madurez entre os 12 e os 16 anos, momento no que empeza a ralentizar o seu desenvolvemento e pódese aproveitar de forma óptima a madeira, obtendo unha produción máxima ao longo do tempo.

Retrasar a corta do árbol, argumenta a empresa, conleva a perda de produtividade e diminúe o rendemento que ofrece o terreo. Así, sinala Ence, a decisión correcta “mellora os ingresos dos propietarios “que venden madeira á papeleira e tamén “facilita unha xestión forestal sostible”.

INFORMACIÓN

Ence habilitou para a campaña un teléfono de contacto, o 900.100.890, e tamén unha web para informarse ou inscribirse na iniciativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...