InicioEconomíaQuen é o posible "comprador galego" das plantas de Alcoa ao que...

Quen é o posible “comprador galego” das plantas de Alcoa ao que se referiu a patronal?

Un empresario galego, aínda que propietario dun grupo radicado fóra de Galicia, podería estar interesado en mercar as fábricas

Publicada o

- Advertisement -

“Eu creo que hai posibilidades, díxeno hai meses e ratificoumo hai pouco nunha reunión en Madrid un empresario galego que ten interese en comprar“. Estas palabras de Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), activaron nos últimos días un cúmulo de rumores e desmentidos sobre a existencia dun presunto comprador para as plantas de Alcoa na Coruña e Avilés.

O anuncio de Fontenla recibiu as críticas o pasado luns dodelegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que negou que existan aínda compradores e pediu prudencia.

Actualmente, as dúas grandes metalúrxicas galegas que poderían estar en condicións de mercar as factorías de Alcoa non amosaron ningún interese en público.

Aluminios Cortizo, asentada na comarca de Padrón e en Asturias con nove centros de produción e dous de fundición, non baralla comprar plantas en zonas nas que xa ten presenza. Hierros Añón, que vendeu a súa siderúrxica a Celsa e centrouse no negocio da distribución de aluminio, tampouco estuda facer investimentos.

PRIMEIRO GRUPO ESPAÑOL DO SECTOR

Fontes consultadas por Galicia Confidencial apuntan que a única empresa que podería ter amosado interese en Alcoa é o grupo Alibérico, primeiro grupo privado español e primeiro grupo familiar europeo do sector do aluminio, con 35 empresas e 17 fábricas e centros de distribución en catro continentes. Aínda que o grupo non está radicado en Galicia, si é dun galego, Clemente González Soler.

Podes ler a información completa neste enlace.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...