InicioEconomía(AMPLIACIÓN) O persoal de Alcoa San Cibrao aproba prexubilacións e recolocacións na...

(AMPLIACIÓN) O persoal de Alcoa San Cibrao aproba prexubilacións e recolocacións na fábrica

Votou no referendo o 51% do censo, cun respaldo do 78% ao pacto entre comité e dirección da multinacional

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Alcoa San Cibrao respaldou o preacordo entre os sindicatos e a empresa para aceptar prexubilacións na fábrica cervense, así como recolocacións de traballadores de Avilés e A Coruña na factoría da Mariña Lucense.

Dos 618 obreiros que votaron no referendo, 482 -o 78%– apoiaron a proposta do comité de empresa. Un total de 116 -o 18 por cento- rexeitaron o preacordo e houbo 17 votos en branco e tres nulos.

A participación foi do 51%, posto que estaban chamados a votar un total de 1.219 empregados, incluídos os de Empresas de Traballo Temporal (ETT) e eventuais.

Así, o comité de empresa, que tiña ata o 1 de marzo para contestar á proposición pactada polos sindicatos das fábricas coruñesa e avilesina e a multinacional do aluminio, comunicará nas próximas horas á dirección de Alcoa decisión tomada polo persoal.

BAIXAS INCENTIVADAS

O acordo entre o comité de empresa e Alcoa, refrendado polos traballadores, implica a aceptación do plan da empresa de baixas incentivadas, con ata 106 posibles prexubilacións voluntarias para facer oco aos obreiros das plantas da Grela e San Balandrán que queiran traballar en San Cibrao.

Poderán acollerse ás baixas incentivadas os traballadores de 57 ou máis anos a 31 de decembro de 2018, cun complemento que, sumado á prestación por desemprego, alcance as porcentaxes seguintes: de 57 a 59 anos, o 74% do salario anual bruto ata os 64 anos, e de 60 ata 65 anos, o 78% salario anual bruto ata os 65 anos.

a multinacional abrirá un prazo ata o 15 de abril para os obreiros que queiran acollerse ao plan

Aínda que por agora a empresa non avanza cando se iniciará o proceso, segundo informou o comité de empresa, a multinacional abrirá nos próximos días un prazo de solicitudes ata o 15 de abril para aqueles obreiros que queiran acollerse ao plan.

No caso dos traballadores de Avilés e A Coruña, os obreiros terán tamén un prazo para solicitar ocupar as vacantes que haxa en San Cibrao.

O número de empregados a recolocar será equitativo por parte das dúas plantas -un traballador de Avilés, outro da Coruña- e de solicitar a mesma vacante dous obreiros do mismo nivel, terá preferencia aquel traballador menor de 53 anos –idade de prexubilación obrigatoria nas plantas de San Balandrán e A Grela- con maior antigüidade.

Ademais, como compensación polo traslado de residencia ofrécense 10.000 euros a cada traballador.

TEMPOREIROS

A cambio, o acordo garante a continuidade de 41 temporeiros. Estes empregados cumpriron o período de proba de sete meses na empresa coa avaliación de aptos, polo que serán dados de alta ben por contrato de relevo ou ben por contratos indefinidos para cubrir vacantes xeradas por incapacidade que se produzan ata o 31 de decembro de 2020.

o acordo garante a continuidade de 41 temporeiros con contratos fixos ou de relevo

No tocante a outros 28 ETTs e eventuais pendentes de rematar o período de avaliación, non se lles asegura a continuidade na fábrica, aínda que o preacordo sinala que serán persoal preferente no caso de que Alcoa precise contratar persoal do seu grupo profesional con contrato de carácter indefinido.

Segundo precisou o comité, nove ETTs e eventuais acadaron un contrato indefinido desde o pasado 15 de xaneiro.

PROTÉXESE ÁS AUXILIARES

Os traballadores de Avilés e A Coruña que desexen acollerse á posibilidade de traballar na planta cervense poderán ocupar así estas vacantes. O comité de empresa asegurou na negociación que estes operarios non virán a substituír en ningún caso a obreiros de empresas auxiliares ou a facer os seus traballos.

PASE DE OPERARIOS

O acordo tamén abre unha porta ao pase de operarios de aluminio a alúmina, o acordo recolle que “revisarase por parte da planta as aptitudes e coñecementos para avaliar o seu encaixe no posto e de darse o caso autorizarao”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...