Sánchez: “garantimos un futuro para Alcoa”

O presidente do Goberno dá por acadado o estatuto do consumidor electrointensivo nun acto na Coruña, mentres os traballadores esixen feitos

Pedro Sánchez, no acto . AXM

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, considerou este domingo nun acto na Coruña que as plantas de produción de aluminio de Alcoa na Grela e Avilés está “garantido” trala acción do seu Executivo nos últimos nove meses.

“Garantimos un futuro para Alcoa”, asegurou Sánchez nun acto político no polideportivo San Francisco Javier da cidade herculina.

O presidente do Executivo sacou peito por ser capaz de xestionar o conflito laboral, a ameaza de peche, e destacou medidas de choque tales como a aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo.

O optimismo de Sánchez bateu coa réplica dos traballadores da multinacional do aluminio na Coruña, que -no Día da Clase Obreira Galega- recibiron ao presidente do Goberno con protestas na súa chegada ao recinto.

Durante a súa intervención, escoitáronse os cánticos nos que demandaban solucións concretas e non anuncios.

INCERTEZA

O pasado día 7, os traballadores de Comisións Obreiras (CC OO) nas tres plantas de Alcoa alertaban da incerteza que planea non só sobre as plantas de Avilés e A Coruña senón tamén sobre a de San Cibrao.

O sindicato advertiu de que non tiña novas sobre a aprobación do estatuto para a industria electrointensiva e reiteraba a “necesidade dun marco enerxético estable” para a viabilidade das tres fábricas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here