The Times gaba Sargadelos como unha cerámica artesá “que trascende a súa función”

O suplemento de luxo do diario británico destaca nunha reportaxe a "encantadora" porcelana do grupo empresarial

Xogo de café AB1, destacado por The Times. AXM

EFE. O suplemento The Times Luxx, do xornal británico The Times, publicou unha mención sobre o deseño das creacións de Sargadelos, dentro dunha reportaxe sobre cerámica feita a man que “trascende a súa función”.

Na reportaxe explícase que Sargadelos elabora a súa cerámica en Galicia desde o século XIX e engade que a firma rexurdiu a mediados do século XX cunha fábrica nova e novos deseños.

Baixo unha fotografía dun xogo de café AB1, o director creativo Nick Vinson explica que o “encantador” set foi deseñado a finais dos 70, composto por 12 tazas pequenas e o seu prezo é de 340 euros.

Vinson dirixe Vinson & Co, unha oficina con sede en Londres especializada en dirección creativa e na entrega de proxectos a medida para a industria de bens de luxo.

EN VENTA NO MoMA E EN WALLPAPER

Vinson tamén contribuíu á prestixiosa revista Wallpaper durante os últimos 16 anos, cunha columna mensual.

Os artigos de Sargadelos atopánse na venta a través da web WallpaperStore. No pasado mes de outubro, o grupo empresarial informou que o Museo de Arte Moderno de Nova Iork (MoMA) incluíu pezas de Sargadelos no catálogo de venta das súas tendas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here