Stolt Sea Farm espera inaugurar a finais de ano a súa planta de linguado en Cervo

Agarda triplicar a súa produción desta especie no 2023, das 850 toneladas actuais ás 2.800

Planta de Acuidoro no polígono de Cuíña. AXM

O grupo noruegués Stolt Sea Farm prevé triplicar a súa produción de linguado nos próximos anos con novas plantas como a que constrúe en Cervo, e que espera inagurar a finais de ano, ou en Tocha, en Portugal.

A planta de de Acuidoro -filial de Stolt Sea Farm- ubicada no polígono industrial de Cuíña ampliarase con 24 millóns para a cría e o desenvolvemento larvario de linguado, unha das especies polas que está a apostar a multinacional.

A previsión inicial da empresa contemplaba a creación de 76 novos postos de traballo.

O presidente da multinacional, Jordi Trías, informa de que agarda que a fábrica cervense estea en funcionamento este ano e a de Tocha no vindeiro. Ambas instalacións, asegura, contarán con tecnoloxía de recirculación desenvolta por SSF, “que mellora as posibilidades de atopar ubicacións para novas granxas debido á menor necesidade de usar grandes volúmenes de auga”. 

a previsión inicial da firma contemplaba a creación de 76 postos de traballo

“Cremos que hai un gran potencial para que a compañía duplique o seu tamaño durante os próximos 15 anos, xa que se espera que a demanda do mercado tanto de rodaballo como de linguado permanezan fortes”, afirma Trías.

A empresa reforzou o seu enfoque nos últimos anos “cunha clara orientación ao mercado”, coa expansión da súa carteira de clientes a novas áreas xeográficas e unha gama de produtos de valor engadido.

NOVAS LOCALIZACIÓNS

De tal forma, “o crecemento resultante da demanda requirirá a expansión das localizacións actuais e futuras investimentos en novas localizacións. Para iso, a compañía iniciou negociacións en España, Portugal, outros países de Europa, África e América“, asegura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here