InicioEconomíaA Xunta financia con 37.500 euros a actividade das confrarías da Mariña...

A Xunta financia con 37.500 euros a actividade das confrarías da Mariña Lucense

O acordo custeará a contratación de persoal, gastos de alquileres ou amortizacións

Publicada o

- Advertisement -

Xunta e a Federación Provincial de Confrarías de Lugo asinaron esta semana un acordo de 37.500 euros para financiar os gastos correntes que resulten das actividades desenvolvidas pola agrupación pesqueira da Mariña Lucense ao longo do 2019.

O convenio, que asinaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o presidente da federación, Basilio Otero, realízase cada ano e dá continuidade aos acordos asinados a semana pasada coas federacións galega e coruñesa.

Segundo informa a Consellería do Mar nun comunicado, entre os gastos que se consideran subvencionables a través destes convenios destacan os de contratación de persoal, amortizacións, financiamento de gastos correntes como alugueres, reparacións e material de oficina, ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.

Podes consultar a información completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...