InicioEconomíaA Deputación fai súas as peticións do comité de Alcoa e o...

A Deputación fai súas as peticións do comité de Alcoa e o Parlamento reclamará un estatuto “de consenso”

O pleno provincial aproba unha declaración institucional que inclúe solicitudes dos obreiros, como o recoñecemento das hiperelectrointensivas ou a dotación da compensación máxima por CO2

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os grupos políticos con representación na corporación da Deputación de Lugo chegaron a un acordo para aprobar unha declaración institucional con respecto á situación de incerteza que se está a vivir en relación coa planta de aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao.

No documento recóllense os argumentos e as demandas realizadas polo comité de empresa da fábrica de Cervo, que días atrás entregou as súas peticións en forma de moción a nove alcaldes da Mariña Lucense, que se comprometeron a levalas aos plenos municipais.

É un tema o suficientemente importante para a provincia de Lugo e para A Mariña Lucense, porque 2.000 familias viven de Alcoa, e debemos estar por riba das diferenzas entre os partidos”, afirmou o presidente do goberno provincial, Darío Campos.

CONSENSO INSTITUCIONAL

Deste xeito, e dado que había varias propostas enriba da mesa por parte das diferentes formacións políticas, tomou a decisión de reunir aos voceiros para consensuar unha declaración institucional “no sentido do que pediu o comité de empresa”.

Na declaración, o pleno provincial insta aos Gobernos galego e español a constituír unha mesa de traballo na que estean presentes todos os sectores afectados, “sen exclusións e transparente”, para desenvolver o estatuto da industria electrointensiva.

Do mesmo xeito, acordaron instar ao Executivo central a incluír nos Presupostos Xerais do Estado (PXE) para 2019 e no texto definitivo do estatuto medidas como a modificación do sistema tarifario para que as industrias “hiper-electrointensivas” non soporten “peaxes que non forman parte do custo de produción da enerxía”.

Tamén solicita que se habilite “a máxima compensación permitida pola Unión Europea por CO2”; lexislar “as opcións de contratos bilaterais entre as empresas hiper-electrointensivas e as compañías eléctricas, seguindo o modelo francés”; manter “algún tipo de compensación pola interrumpibilidade” e medidas “de carácter transitorio” ata a entrada en vigor do estatuto.

MOCIÓNS NO PARLAMENTO GALEGO

Os catro grupos con representación parlamentaria en Galicia deron este martes luz verde a unha moción para pedir ao Goberno central a “inmediata” aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo “en consenso” co sector, tralo rexeitamento do borrador do documento.

Tamén se aprobou, desta volta coa abstención do PSdeG, unha petición para esixir ao Executivo “a non aplicación na industria galega e de todos os consumidores galegos da subida do prezo da enerxía”, con motivo da aplicación dos suplementos territoriais en canto non se resolvan os recursos pendientes.

De non prosperar esta petición, os grupos asinantes reclaman que a subida sexa asumida polo Estado.

A proposta do PP, o Parlamento debaterá -e con toda probabilidade aprobará, dado que os conservadores contan con maioría absoluta- instar ao Executivo central á creación da figura do consumidor electrointensivo para empresas como Alcoa ou Ferroatlántica, ademais de ofrecer rebaixas fiscais e descontos “de ata o 90%” no pago das peaxes eléctricas.

DE OLANO: “SÁNCHEZ ESCRIBE O EPITAFIO DE SAN CIBRAO”

O cabeza de listaxe do Partido Popular (PP) ao Congreso dos Deputados, Jaime de Olano, acusou este martes ao Goberno de Pedro Sánchez de “escribir as primeiras liñas do epitafio” de Alcoa en San Cibrao.

De Olano, acompañado doutros cargos do partido conservador, reuniuse este martes co comité de empresa da fábrica de Cervo este martes.

Reunión de Jaime de Olano e outros cargos do PP co comité da fábrica sancibrense de Alcoa. AXM

O dirixente do PP mostrou o seu “apoio rotundo” aos traballadores e cargou contra o Executivo central e contra o PSOE lucense, a quen acusou de manter “un silencio cómplice” diante da situación de Alcoa.

Non podemos fiarnos do señor Sánchez, pois non acostuma a dicir a verdade, e xa non debemos fiarnos do que poida acontecer despois das eleccións se gaña, pois moito nos tememos que podería certificarse a defunción de Alcoa na Mariña Lucense, condenando a esta comarca ao desemprego e a depresión”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...