(VÍDEOS) A Policía detén a un traballador de Alcoa A Coruña na manifestación do Congreso

Fontes sindicais confirman que hai varios feridos leves tralas cargas policiais, ningún deles entre os obreiros de San Cibrao que se desprazaron a Madrid

A Policía detivo a un traballador de Alcoa. AXM

Un traballador de Alcoa A Coruña foi detido este xoves na manifestación convocada polos comités de empresa das fábricas coruñesa e de Avilés diante do Congreso dos Deputados, á que se suman uns 150 obreiros de San Cibrao.

Os empregados da multinacional concéntranse desde as 11.00 da mañá deste venres na carreira de San Xerónimo madrileña, a fin de esixir á ministra de Industria, Reyes Maroto, que ofreza unha solución para as plantas da Grela e San Balandrán, en proceso de peche, e para a factoría de aluminio de Cervo, que a empresa ve “en risco” trala publicación dun estatuto da industria electrointensiva que a dirección ve “insuficiente”.

“REPRESIÓN”

CC OO, CSIF e UXT de San Cibrao convocaron ao persoal a participar na concentración. Fontes sindicais lamentan “a represión” das cargas policiais e confirman que hai varios feridos leves, ningún de Cervo.

Varios deputados de Unidos Podemos e En Marea, como Antón Gómez Reino ou Yolanda Díaz, denunciaron ante os medios que padeceran golpes por parte das forzas de seguridade do Estado.

COMPENSACIÓNS POR CO2

O Consello de Ministros autorizará este venres a convocatoria de concesión das subvencións dispostas no real decreto 1055/2014, polo que se crea un mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro correspondentes ao exercicio 2018.

En concreto, a contía máxima das axudas que poderán outorgarse en virtude da convocatoria -mediante o procedemento ordinario de concesión en réxime de concorrencia competitiva- será de 91 millóns de euros, imputables aos custos de emisións indirectas incorridos no ano 2018. Segundo fontes de Industria, esta cifra é un 16,5% maior que a da última convocatoria. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here