A ministra de Economía tacha a Alcoa de “pouco responsable” por “sementar dúbidas” sobre San Cibrao

Nada Calviño cre "pouco serio" que unha multinacional que está en proceso de peche de dúas plantas "xere incertezas" sobre outra

A ministra de Economía, Nadia Calviño, na entrevista. EP/GC

A ministra de Economía, Nadia Calviño, criticou este sábado a actitude “pouco responsable” de Alcoa por “sementar dúbidas” sobre o futuro da planta de San Cibrao, en alusión ao anuncio da dirección da multinacional de que a factoría sancibrense está “en risco” se non se melloran as condicións do estatuto do consumidor electrointensivo.

Calviño defendeu na Cadena Ser o “compromiso claro” do Goberno central para tratar de garantir un “proxecto estable a longo prazo” para as factorías de Alcoa na Coruña e Avilés, pero subliñou que cre “pouco serio por parte dunha empresa que está en proceso de peche dalgunhas plantas xerar incertezas aos traballadores doutra“.

OFERTAS

A ministra confirmou que “hai ofertas” para as plantas da Grela e San Balandrán, pero eludiu responder se Alcoa está a mostrarse colaborativa neste punto, porque “unha das características deste tipo de procesos é que é importante gardar a discreción“. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here