O Goberno, “aberto” a elevar ao máximo as compensacións por CO2 “dentro” dos orzamentos

O Executivo reuniuse este luns con empresas e sindicatos para analizar as alegacións ao estatuto do consumidor electrointensivo

Fábrica de Alcoa San Cibrao. AXM

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo mostrouse aberto ante as asociacións sectoriais e sindicatos a alcanzar os 200 millóns de euros en compensación de custos de dióxido de carbono (CO2) que permite a Unión Europea, unha das reivindicacións da gran industria, “na medida da dispoñibilidade orzamentaria”.

A pasada semana, o Consello de Ministros xa autorizou a convocatoria para a concesión de 91 millóns de euros en subvencións á industria electrointensiva, que trata de compensar os cutos de emisións indirectas de CO2 nos que os grandes consumidores de enerxía incorreron no 2018.

Os ministerios de Industria e para a Transición Ecolóxica reunironse este luns con representantes das asociacións empresariais e sindicatos para poñer en común o escenario relativo ao estatuto do consumidor electrointensivo, unha vez pechado o período de alegacións ao texto. O documento non satisface a empresas como Alcoa, que logo da súa publicación situou “en risco” a planta de aluminio de San Cibrao.

O secretario xeral de Industria, Raúl Blanco, afirmou que o Goberno é “moi receptivo” á vontade do sector de colaborar co deseño do estatuto con alegacións, principalmente técnicas, vinculadas á caracterización das empresas, á contratación bilateral a longo prazo e á posibilidade de alcanzar os 200 millóns de euros en compensación de custos de CO2 que permite a UE, “na medida da dispoñibilidade orzamentaria”.

Asistiron á reunión representantes das asociacións empresariais OFICEMEN, UNESID, FEIQUE, AEGE, AOP, ASPAPEL e ANE, e das centrais sindicais CC OO e UGT-FICA.

DESCARTA REBAIXAS FISCAIS

O Executivo central descartou días atrás aprobar rebaixas fiscais para os grandes consumidores de enerxía “por falta de tempo”, xa que os incentivos “débense asociar a orzamentos”.

ANTES DA LEXISLATURA

Blanco asegurou que, “malia que o calendario é moi esixente, a nosa vontade é aprobar o estatuto antes de que acabe a lexislatura“.

AGRADECEMENTO DOS SINDICATOS

Os sindicatos CC OO, UXT e CSIF agradeceron a asistencia á concentración ante o Congreso dos Deputados celebrada o pasado xoves, así como aos Concellos de Cervo e Xove e ás empresas Reymogasa, Terpil, Rodabell, Noguera e Bidueiros as achegas para facilitar acudir á protesta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here