O Goberno amosará o estatuto do consumidor electrointensivo o 10 de abril

O Executivo reunirase con Xunta, Principado e sindicatos para presentar o documento logo de que partidos, empresas e centrais presentasen alegacións

Complexo industrial de Alcoa San Cibrao. ELISEO TRIGO/EFE

EFE. O Goberno central dará a coñecer, nunha reunión cos sindicatos e con representantes das Administracións galega e asturiana prevista para o vindeiro 10 de abril, a versión definitiva do estatuto do consumidor electrointensivo, trala fin do período de alegacións ao borrador do documento, que pon “en risco” a planta de Alcoa en San Cibrao, segundo afirmou a dirección da multinacional.

Partidos e administraciónsempresas e centrais presentaron reclamacións ao primeiro estatuto, que rexeitan por non recoñecer cunha figura propia a industria hiperelectrointensiva e por non concretar medidas con orzamentos específicos para compensar os custos eléctricos, que supoñen o 40% dos gastos de produción de fábricas como a alumineira que Alcoa ten en Cervo.

O documento tamén colleitou rexeitamento por non estipular obrigas de investir para as empresas beneficiarias.

AUMENTA A PRESIÓN SOBRE O EXECUTIVO

Nos últimos días aumentou a presión sobre o Goberno para que acepte as alegacións presentadas, e mesmo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a factoría de San Cibrao está “gravemente ameazada”, o que lle valeu as críticas tanto do Executivo central como da oposición, que o acusaron de “irresponsable”.

SEIS POSIBLES INVESTIDORES

Mentres tanto, segue a contrarreloxo o procedemento de venta das fábricas da Coruña e Avilés, que Alcoa ten en proceso de peche. Segundo indicaron a Efe fontes coñecedoras do proceso, entre os grupos que están interesados en ambas factorías figuran SidenorCunext, Liberty House, Sherpa, BCT Metals e Atlas Holding.

Con todo, os traballadores móstranse escépticos e aumentan a presión sobre o Executivo central. O presidente do comité de empresa de Alcoa Avilés, José Manuel Gómez de la Uz, lembrou que os aspirantes, que terán ata o 15 de abril para formular ofertas non vinculantes, “non investirán se non acadamos compensacións por custos eléctricos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here