Ence Navia reduciu no 2018 en 2.800 as toneladas de CO2 emitidas no ano anterior

A empresa remarca o seu "compromiso co medio ambiente" nun contexto de dúbidas sobre a permanencia da factoría pontevedresa

Planta de Ence en Navia. AXM

La biofábrica de Ence en Navia mellorou substancialmente o seu comportamento medioambiental, asegura a papeleira, ao reducir “en 2.800 as toneladas de CO2 emitidas á atmósfera con respecto aos datos do ano anterior”.

Así o confirmou a empresa tras recibir a auditoría de verificación de emisións de gases de efecto invernadoiro á que foi sometida a planta a finais do pasado ano. O resultado, remarca Ence, é o mellor dato de eficiencia de emisións da biofábrica en relación á súa produción.

Segundo expón a compañía, a planta naviega sitúase entre os mellores rexistros das instalacións de xeración enerxética do Principado de Asturias. A maior redución nas emisións de gases de efecto invernadoiro acadouse grazas á diminución dos consumos de fuel, tanto na caldeira de recuperación, ligadada ao proceso industrial da celulosa, como na de biomasa.

No global, expón Ence, o uso deste combustible reduciuse en 1.854 toneladas con respecto a 2017.

O descenso das emisións de gases de efecto invernadoiro en Ence Navia, asegura a empresa, “ratifica o compromiso coa defensa e o coidado do medio ambiente”. Dentro desta liña, asegura a compañía, nas biofábricas estanse a levar a cabo medidas de redución da huella de carbono e de mellora da eficiencia enerxética, e neste 2019 comezouse a definir un protocolo de cálculo para dirixir mellor as actuacións nestes ámbitos.

Segundo anunciou Ence en xaneiro, a planta de Navia pechou o 2018 en máximos históricos de produción, con 530.400 toneladas.

INCERTEZA SOBRE PONTEVEDRA

Ence anuncia os resultados da auditoría nun contexto de incerteza sobre a súa planta en Pontevedra, logo de que o Goberno central renunciase a defender ante a Audiencia Nacional a prórroga de 60 anos concedida á empresa para manter a súa actividade na ría por parte do Executivo de Mariano Rajoy cando estaba en funcións.

O aplauso dos colectivos ecoloxistas e dalgunhas formacións políticas a esta decisión chocou coas protestas do empresariado e dos traballadores. Os transportistas -tamén algúns da Mariña Lucense e a comarca Eo-Navia– participarán o vindeiro venres nunha caravana reivindicativa contra a deslocalización da factoría.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here