InicioEconomíaArrinca a Feria de Muestras de Vegadeo con 46 expositores máis

Arrinca a Feria de Muestras de Vegadeo con 46 expositores máis

A aposta do Concello por abaratar os custos ás empresas favoreceu o crecemento da cita

Publicada o

- Advertisement -

A Feria de Muestras de Vegadeo abre esta tarde as portas con 46 expositores máis ca na pasada edición.

A aposta do Concello por rebaixar as tarifas para os stands e atender algunhas das demandas dos expositores en canto á organización do espazo no recinto feiral deu resultado, e afortalou a dimensión comercial da feira, malia a coincidencia no calendario coa Semana Verde de Silleda.

Demos un paso adiante para recuperar o enfoque comercial da feira, con prezos máis asequibles para os expositores –sobre todo para os que levan anos con nos- e canalizando a entrada polo pavillón, como nos viñan pedindo as empresas que poñen os seus stands neste recinto”, explica o alcalde, César Álvarez, que agarda tamén unha resposta positiva en canto a visitantes, desde hoxe ata o domingo.

Decenas de empresas vinculadas a producción, transformación e comercialización no sector agrogandeiro amosarán os seus produtos e servizos no recinto feiral conta con case 30.000 metros cadrados de superficie, entre o pavillón comercial e a explanada exterior que acollerá diferentes carpas sectoriais e zonas de actividades, exhibicións e hostelaría.

PREMIO Á INNOVACIÓN

Os expositores poderán optar ao Premio Innovación Vegadeo, que se outorga por terceiro ano consecutivo, cunha dotación económica de 500 euros e un desconto do cincuenta por cento na contratación do espazo para a vindeira edición, un incentivo máis á participación na mostra que, superados os anos nos que a crise económica impactou máis negativamente, se reivindica como “unha feira do século XXI”.

ACTIVIDADES LÚDICAS

Amais de ser un escaparate comercial, a mostra ofrece citas lúdicas no propio recinto con exhibicións e concursos de gando ou showcookings e degustacións, pero tamén trae á vila iniciativas culturais como a exposición ‘Vacas 2.0′, unha orixinal mostra do xoieiro Lucas Santiago que fai unha chiscadela ao leitmotiv do evento.

O lema desta 55 edición da mostra multisectorial é ‘Una feria de la leche‘, como lembra o cartel do evento, no que asoma a cara dunha vaca pinta e que colga de moitos escaparates comerciais a medida que nos achegamos a vila desde calquera punto da Mariña de Lugo e do Occidente asturiano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...