Tres de doce posibles investidores teñen proxectos industriais para as plantas de Alcoa

Sindicatos e Xunta critican "a lentitude" do Goberno na tramitación do estatuto para a industria electrointensiva

A ministra, Reyes Maroto. EMILIO NARANJO/EFE

EFE. O número de empresas que mostraron o seu interese por facerse coas plantas da multinacional estadounidense do aluminio Alcoa en Avilés e A Coruña ascende a unha ducia, informaron fontes dos sindicatos que este mércores participaron en Madrid dunha nova reunión da comisión de seguimento do proceso de venta.

Nove destas compañías asinaron xa un compromiso de confidencialidade, e alomenos tres desenvolveron un proxecto industrial para esas dúas fábricas que Alcoa pretende pechar e que así o farán de non atopar comprador antes do 30 de xuño.

As mismas fontes precisaron que algunhas destas empresas están interesadas en adquirir ambas factorías, que empregan a 686 traballadores. Entre as firmas interesadas en facerse con alomenos unha das dúas plantas que a multinacional quere deixar son Cunext, Liberty House, Sherpa, BCT Metals e Atlas Holding.

Os representantes dos comités de empresa aseguraron que, no encontro deste mércores, foron moi críticos “coa lentitude do proceso de trámite do estatuto para as electrointensivas”, porque consideran que impide ter un mellor escenario para captar a máis e mellores investidores.

Ademais, esixiron que o estatuto contemple todos os complementos “que nun futuro van rebaixar o prezo da enerxía a unha empresa electrointensiva e hiperelectrointesiva no futuro”, malia que o Executivo actual, “ao estar en funcións, só pode executar unha parte dos mesmos“.

Pola súa banda, o secretario xeral de Industria do Goberno central, Raúl Blanco, rexeitou falar dos nomes dos ofertantes nin da contía que ofrecen ao fabricante de aluminio estadounidense para quedarse coas plantas, xa que, afirmou, “a discreción é unha garantía de éxito nestes casos”.

O DECRETO, PENDENTE DE INFORMES

Blanco afirmou que se está a traballar “coa máxima urxencia e dilixencia” para aprobar o novo marco enerxético. Neste respecto, precisou que se presentaron numerosas alegacións ao proxecto de real decreto, que está pendiente dos informes da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e o Consello de Estado.

Respecto da convocatoria de 91 millóns de euros para compensar á industria electrointensiva polos custos por emisións indirectas de dióxido de carbono (CO2) que aprobou o Consello de Ministros, Blanco explicou que se chegou ao máximo posible que permitían os orzamentos xerais do Estado (PXE) prorrogados, o que cualificou de “mostra de compromiso” coa industria.

Blanco explicou que hai “vontade” para que, cando o permita a dispoñibilidade orzamentaria, esa cantidade “se incremente”.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, manifestou este mércores a Efe que o Goberno espera aprobar o estatuto do consumidor electrointensivo “antes das eleccións”.

Á saída do encontro celebrado en Madrid, o director xeral de Industria e Telecomunicacións, Manuel Monterrey, confiou en que o texto definitivo do estatuto “recolla na súa meirande parte” as contribucións presentadas polo Goberno do Principado.

XUNTA: “É UNHA CORTINA DE FUME”

O conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde, sinalou que o Executivo “non trasladou ningunha resposta” sobre as alegacións presentadas polo Goberno galego e as empresas electrointensivas galegas.

Así, asegurou que “estamos no momento de despexar incertezas” e cualificou de “cortina de fume” o anuncio de que hai doce empresas interesadas en investir. Para que haxa ofertas, argumentou, o primeiro paso necesariamente é ter un estatuto e ter unha concreción desde o punto de vista do prezo eléctrico”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here