InicioEconomíaO comité de Alcoa San Cibrao agarda unha reunión coa ministra de...

O comité de Alcoa San Cibrao agarda unha reunión coa ministra de Industria

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, comprometeuse a xestionar unha xuntanza na que os obreiros queren explicarlle a Maroto o impacto na Mariña dun posible peche da planta

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao anunciou este xoves que solicitou unha reunión coa Ministra de Industria, Reyes Maroto, para abordar a situación do complexo industrial de Cervo, trala advertencia da multinacional de que a factoría de aluminio está “en risco” de non obter un prezo máis barato da enerxía eléctrica.

Os sindicatos explican que na reunión mantida o pasado 2 de abril co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o dirixente socialista “colleu o compromiso de
xestionar a celebración dunha reunión entre o comité de empresa sancibrense e a
ministra de Industria ou o secretario xeral de Enerxía”, Jesús Domínguez Abascal. O comité de empresa “está á espera de que o compromiso de Caballero se faga efectivo“.

Os representantes dos traballadores aspiran a “expor de primeira man á señora ministra as
particularidades do Centro de San Cibrao con respecto ás outras dúas plantas de Alcoa,
tanto no que se refire ao impacto social que a factoría ten na comarca da Mariña Lucense como á actual situación das instalacións debido á ausencia continuada de investimentos“.

Os traballadores reclamaron, como o fixo a empresa, a aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo que abarate o prezo da electricidade, dado que a luz supón o 40% dos gastos de produción da planta de aluminio primario de San Cibrao.

Empresas, sindicatos e Gobernos autonómicos están expectantes tralo remate do período de alegacións ao documento, considerado chave para atopar compradores para as fábricas de Avilés e A Coruña, en proceso de peche.

A factoría de aluminio de Alcoa emprega a 600 traballadores dos 1.200 obreiros que traballan no complexo industrial sancibrense. Outros 600, aproximadamente, fano en empresas auxiliares, polo que a factoría afecta directamente a arredor de 1.800 familias.

REUNIÓN CON UNIDAS PODEMOS

Unha delegación de En Común e Unidas Podemos, encabezada polo secretario de Relación coa Sociedade Civil e Movementos Sociais Rafael Mayoral e a deputada Yolanda Díaz, reunirase este venres cos traballadores na fábrica de Cervo, desde as 13.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...