InicioEconomíaO Goberno oficializará "en semanas" o aumento a 200 millóns das axudas...

O Goberno oficializará “en semanas” o aumento a 200 millóns das axudas por emisións de CO2

Respecto ao estatuto das electrointensivas, demandado por Alcoa, o Goberno está a elaborar "un novo documento" trala negativa da CNMC

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicará esta semana a convocatoria de axudas para custos de emisións indirectas de CO2 por valor de 91 millóns de euros e a ampliación das mesas ata os 200 millóns chegará nas vindeiras semanas, segundo avanzou o secretario xeral de Industria, Raül Blanco.

Blanco, que participou este luns na reunión da denominada mesa de seguemento sobre o futuro das plantas da Coruña e Avilés que a multinacional de Alcoa pretende pechar, indicou que tras recibir o interese de doce empresas por reanudar a actividade deses centros, estase a estudar “un grupo reducido de proxectos”, de nove compañías, que están en proceso de presentar ofertas non vinculantes.

O citado órgano de seguemento do proceso de venta de Alcoa a outras empresas está integrado por representantes do Ministerio de Industria, de sindicatos e de gobernos autonómicos.

Blanco dixo que os proxectos teñen un plan industrial, algúns deles garanten capacidade industrial e laboral tanto en Avilés como na Coruña, e asegurou ser “moi esixente” para facilitar un compromiso antes que venza o praxo fixado, o vindeiro 30 de xuño.

ESTATUTO DAS ELECTROINTENSIVAS

No tocante ao proxecto de estatuto de consumidores electrointensivos, que o Ministerio decidiu non levar ao Consello de Ministrosdespois de que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) alertara de que os mecanismos incluídos poderían ser considerados axudas estatais contrarias aos principios acordados pola Unión Europea, Blanco afirmou que se está a elaborar un novo texto.

Engadiu que o Executivo central espera concluír ese novo borrador nas próximas datas e mostrar o seu contido publicamente “sempre dentro do rigor e da seguridade xurídica, que é o que sempre quixemos facer, non aprobar un estatuto de calquera maneira”.

A dirección de Alcoa considerou “en risco” a planta de aluminio de San Cibrao de non obter unha tarifa eléctrica rebaixada e estable, obxectivo final do estatuto que o Goberno aspira a aprobar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...