Villares, sobre Alcoa: “non existe a mobilización de hai anos co mesmo problema e que se solucionou”

O alcalde de Cervo fala nunha entrevista con Galicia Confidencial sobre a situación da planta de aluminio da multinacional en San Cibrao

Alfonso Villares, alcalde de Cervo. AXM

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, fala nunha entrevista con Galicia Confidencial sobre a situación da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, que a multinacional situou “en risco” se o Goberno central non promove un marco enerxético estable para as empresas electrointensivas.

“Hoxe en día vexo que non existe a mobilización que houbo hai seis ou sete anos co mesmo problema e que se solucionou. Houbo concentracións en Viveiro onde estiveramos todos os alcaldes de todos os concellos e de todas as cores para visibilizar o problema”, argumenta Villares, que ve “máis perigo hoxe que hai seis anos, por iso é que Avilés e Coruña van pechar e por iso é necesario o cambio no prezo da enerxía”.

Podes ler a entrevista completa neste enlace.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here