A Xunta insiste nas súas críticas contra o Goberno de Sánchez por non aclarar o futuro de Alcoa

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reprocha ao Executivo "incumprir permanentemente a súa palabra" respecto do futuro das plantas

Instalacións de Alcoa en San Cibrao. EFE/Eliseo Trigo

O conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde, reprochou ao Goberno estar ” a incumprir permanentemente a súa palabra” sobre o futuro das plantas de Alcoa sobre as que pesa a ameaza de peche.

“Os traballadores teñen motivos para estar preocupados”, expuxo a preguntas dos xornalistas antes de intervir na Asemblea xeral da Confederación española de Sociedades Recíprocas.

ESTATUTO

E é que o conselleiro acusou ao Goberno de “faltar á súa palabra” sobre os prazos para ter o estatuto para as empresas electrointensivas e de facer o mesmo “cando dixo que Alcoa podería participar na poxa”, expuxo sobre a poxa eléctrica. Máis no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here