IniciosociedadeO bonito do norte e a pescada do pincho de Burela locirán...

O bonito do norte e a pescada do pincho de Burela locirán no Salimat

OPP e Absa promocionarán con degustacións no salón gastronómico os produtos estrela da lonxa burelá

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo e Armadores de Burela S. A. (Absa) están a promocionar os seus produtos pesqueiros máis representativos, o bonito do norte e a pescada do pincho, no Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, enmarcado na Feira Internacional Turexpo Galicia, en Silleda.

OPP e Absa consideran que Salimat “constitúe o mellor espazo para promocionar os produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e, por iso, Burela participa un ano máis neste salón gastronómico”.

Así, o bonito do norte e maila pescada do pincho da lonxa burelá locirán no stand da Xunta de Galicia, que ten programadas diferentes catas e degustacións de produtos do mar.

CATAS

Este venres, ás 16.30 horas, presentarase a cata titulada ‘Pescada do Pincho: a calidade captúrase con anzol’, que estará acompañada de viños da D. O. Valdeorras.

O domingo, desde as 12.00 horas, celebrarase a degustación ‘Bonito do Norte: aquí facémolo Bonito’, acompañada de viños da D. O. Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...