InicioEconomía(VÍDEO) Coñece o primeiro spot de Sargadelos

(VÍDEO) Coñece o primeiro spot de Sargadelos

O Paseo dos Namorados ou a planta circular de Cervo locen no anuncio, presentado este venres

Publicada o

- Advertisement -

O grupo empresarial Sargadelos presentou este venres, a través das redes sociais, o primeiro spot da súa historia.

O anuncio, protagonizado pola actriz Marina Li e o cabalo Melocotón, un exemplar de raza austríaca mobilizado expresamente desde Asturias, pretende facer fincapé en que “non se trata de chegar primeiro, senón de chegar disfrutando”.

A presa do Paseo dos Namorados ou a propia fábrica de cerámica de Cervo son dúas das localizacións que aparecen na peza audiovisual.

PEZAS CLÁSICAS E MÁIS RECENTES

Figuras clásicas como o botixo ou o galo GG3 aparecen no percorrido a cabalo da protagonista ata a pranta circular de Cervo. Tamén outras pezas máis novas, como a pulseira que da ao fío á historia do anuncio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...