Alcoa chega a un preacordo para vender A Coruña e Avilés a Parter

O pacto entrará en vigor unha vez que se obteñan as aprobacións internas de ambas partes e sexa ratificado polas comisións dos representantes dos traballadores

Instalacións de Alcoa. AXM

EFE. Alcoa e Parter Capital Group chegaron a un preacordo polo que o fondo suízo adquire as plantas do fabricante estadounidense de aluminio en Avilés e A Coruña, informaron a Efe fontes da compañía.

O principio de acordo entrará en vigor unha vez que se obteñan as aprobacións internas de ambas partes e sexa ratificado polas comisións dos representantes dos traballadores.

Malia que os traballadores de Avilés e o sindicato Comisións Obreiras (CC OO) pediu que se tivese en conta a oferta doutro posible comprador, o fondo xermano Quantum, Alcoa dixo o pasado luns estar “centrada exclusivamente” nas negociacións con Parter.

Os obreiros da fábrica avilesina mesmo se desprazaron a Hannover para coñecer as instalacións da factoría.

Segundo Alcoa, a de Parter é a oferta que ofrece “oportunidades de futuro” para as dúas plantas, incluída a posibilidade de recuperar a produción de aluminio primario, da que a fábrica de San Cibrao é actualmente a única que hai en España.

Ademais, Alcoa asegura que Parter Capital é a única ofertante que aceptou manter durante alomenos dous anos os empregos e as condicións laborais para os traballadores.

A DOCE DÍAS DE EXPIRAR O PRAZO

O compromiso alcanzouse dentro do proceso de venta previsto no acordo do expediente de regulamento de emprego (ERE) polo que se abriu un período para a venta das dúas fábricas, cun prazo que expiraba o vindeiro 30 de xuño.

INTERRUMPIBILIDADE

O pacto entre a multinacional norteamericana e o Parter péchase así nun contexto no que a compañía tamén participa na subasta de interrumpibilidade celebrada en Madrid, que pon en xogo 2.400 megavatios de potencia interrumpible e cuxo resultado mantén en expectativa aos traballadores da fábrica de aluminio de San Cibrao, altamente dependente da enerxía eléctrica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here