O cargueiro máis longo que atracou en Burela atrae miradas

O Wilson Nice, de 123 metros de eslora, levará 8.000 toneladas de madeira a Islandia

O tamaño do buque sorprendeu a moitas persoas. AXM

O excepcional tamaño do barco Wilson Nice atraeu aos curiosos na mañá do luns no porto de Burela, onde o buque carga madeira para levala a Islandia. Numerosas persoas admiraron as dimensións da embarcación, a máis longa que atracou no peirao

De bandeira maltesa e tripulación rusa, o cargueiro ten 123 metros de eslora, 17 de manga e 5,4 de calado. Cargará 8.000 toneladas de madeira a granel no peirao burelés, a onde chegou procedente de Huelva.

O Wilson Nice. JOHN DHORN/MARINE TRAFFIC

Logo de dous anos de interrupción, en xaneiro do 2017 retomouse o envío de madeira no porto burelés. Segundo datos de Portos de Galicia, no primeiro cuadrimestre do 2018 movéronse 8.000 toneladas de madeira en bruto fronte ás 10.000 do mesmo período do exercicio anterior. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here