InicioEconomíaComeza a veda da centola e o boi na Mariña, ata o...

Comeza a veda da centola e o boi na Mariña, ata o 2 de decembro

Na Coruña e Pontevedra a prohibición comezou o 23 de xuño e rematará o 11 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

A veda da centola e do boi entre Cabo Estaca de Bares e o río Eo comeza este sábado e rematará o 2 de decembro.

Así o especifica a resolución que aproba o plan 2018-2019 de xestión destas especies, que establece o período de veda para este ano na provincia de Lugo desde as 00.00 horas do día 30 de xuño ata as 00.00 horas do domingo, 2 de decembro, ambos días incluídos.

A prohibición comezou antes nas provincias da Coruña e Pontevedra, o 23 de xuño, e tamén rematará con anterioridade, o 11 de novembro

O período de veda implica a prohibición da captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte. Así os barcos dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto.

A medida contribúe a aumentar a biomasa e a regular a pesquería da centola e do boi. O obxectivo é axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

28% MÁIS DE FACTURACIÓN DE CENTOLA

Desde principios de novembro ata a actualidade, as lonxas galegas alixaron máis de 520 toneladas de centola por un importe de máis de 4,5 millóns de euros, segundo os datos provisionais.

Isto supón un 97% máis de produto e un 28% máis de facturación en relación á campaña anterior. No tocante ao boi, desde o 1 de novembro de 2017 ata a actualidade descargáronse nas rulas máis de 17 toneladas desta especie por un importe de máis de 131.000 euros.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...