Otero defende o “traballo” do Goberno e atribúe ao PP “unha campaña infundada” sobre Alcoa

A socialista sostén que o executivo de Pedro Sánchez "avanzou seriamente" no estatuto das empresas electrointensivas fronte á "pasividade" dos mandatos dos populares

Patricia Otero. AXM

O PSdeG-PSOE de Lugo respondeu este martes ás críticas do delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, que acusou ao Goberno español de “dar as costas” a Alcoa e alertou de posibles despedimentos na planta de San Cibrao.

A secretaria provincial dos socialistas lucenses, Patricia Otero, afirmou que “o executivo de Alberto Núñez Feijóo está promovendo “unha campaña infundada” sobre os despedimentos na empresa” e defendeu que o goberno de Pedro Sánchez “é o único” que “traballa polo futuro” da factoría.

“POR FIN” HAI “UNHA POLÍTICA INDUSTRIAL”, AFIRMA

Otero sostivo que “por primeira vez dende o ano 2011, hai un goberno cunha verdadeira política industrial, que co PP de Feijóo e Rajoy non existía”.

A deputada autonómica afirmou que o actual goberno en funcións “avanzou seriamente no estatuto para as electrointensivas mentres o executivo de Rajoy non fixera absolutamente nada”.

“Ante a pasividade do goberno de Feijóo, Candia e Balseiro neste asunto, os socialistas imos seguir loitando para garantir un proxecto estable e viable para toda a Mariña Lucense e para toda Galicia a carón dos traballadores e das súas familias”, concluíu a política burelá.

PARADA DE 32 CUBAS

Nun contexto de pulso co Executivo central por un abaratamento da enerxía eléctrica, Alcoa anunciou a parada de 32 das 512 cubas de electrolise para, segundo argumenta a empresa, rebaixar as perdas que xera a fábrica de aluminio, que cifra “entre seis e sete millóns de euros mensuais”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here