InicioEconomíaA Ministra de Industria, Reyes Maroto, visitará Alcoa San Cibrao

A Ministra de Industria, Reyes Maroto, visitará Alcoa San Cibrao

O comité pedira a visita, para a que aínda non hai data, a fin de que a dirixente do Goberno central comprobase a eficiencia da planta e a súa importancia socieconómica para A Mariña

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en Cervo, Xosé Paleo, confirmou que a ministra de Industria en funcións, a socialista Reyes Maroto, aceptou a proposta de visitar in situ a planta de produción situada na localidade lucense de San Cibrao.

“Contestounos que si, pero aínda non nos puxo data“, sinalou o sindicalista. “Nós tiñamos pensado que viñese en agosto, pero supoño que será máis tarde”, apuntou.

“SE ALCOA PARA, MORRE A COMARCA”

Desde o comité de empresa consideran que Maroto “ten que vir aquí para comprobar o que é esta fábrica, que é un auténtico monstro“.

“Temos unha fábrica viable e máis eficiente que as plantas da Coruña e Avilés“, vendidas pola multinacional ao fundo suízo Parter, ademais do maior significado económico que ten para a contorna”, subliñou Paleo.

“Si para Alcoa na Mariña Lucense é a morte de toda unha comarca”, sentenciou.

INICIO DA PARADA DAS CUBAS

Paleo apuntou así mesmo que este luns pola tarde ordenouse parar a primeira das 32 cubas do departamento de electrolise na factoría de aluminio, o que xa anunciara a dirección da empresa, xustificando a medida en base a perdas de “entre seis e sete millóns de euros mensuais“.

“En principio pararase unha por día, e empezarase polas que hai que reconstruír”, indicou o presidente do comité da planta sancibrense.

Paleo explicou que estas cubas teñen uns “nove anos de vida útil“, tralos que é preciso “demolelas, volver refacerlas e arrincalas de novo”. En total, estas cubas “doentes” son “catro ou cinco das 32”, precisou.

“Técnicamente están buscando o mellor xeito de realizar o proceso; esta semana están parando unha por día, e as próximas semanas pararán unhas dúas por día, polo que si todo segue segundo o previsto, estarán paradas en setembro”, lamentou Paleo.

REUNIÓN CO PRESIDENTE DA MULTINACIONAL EN ESPAÑA

Neste sentido, o presidente do comité de empresa en San Cibrao recordou que este mércores “a media mañá” tiveron unha reunión con Álvaro Dourado, o presidente de Alcoa España, co obxectivo de “frear este proceso”.

“Que espere, polo menos, ata o 23 de setembro para ver se se conforma un Goberno e se dá unha solución ao estatuto das electrointensivas“, indicou Paleo.

“Teño a esperanza, non a confianza, de que se poida chegar a algún tipo de acordo, porque se temos o estatuto das electrointensivas, a planta de San Cibrao ten viabilidade”, augurou.

O EMPREGO, EN XOGO

Paleo tamén criticou que “as argumentacións económicas da empresa son as que ten que dar, pero desde o punto de vista sindical non é unha boa mensaxe o que se está dando. Seguimos o mesmo camiño que A Coruña e Avilés, e está aí o perigo dunha redución de emprego“, advertiu.

Nun contexto de pulso co Executivo central polo prezo da electricidade, que Alcoa considera excesivo, a multinacional asegurou meses atrás que a fábrica de San Cibrao é “inviable” sen enerxía eléctrica máis barata.

Aínda así, Paleo mostrouse cauto ao afirmar que “non podemos poñer o carro diante dos bois. Estanse dando os pasos previstos e xa veremos como se suceden os acontecementos”, indicou.

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao tamén quixo responder ao delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que nas últimas horas manifestara a súa “preocupación” por “posibles despedimentos” na factoría mariñana. “Bastante máis preocupados ca el estamos nós”, sinalou Paleo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...