InicioEconomía(AMPLIACIÓN) Alcoa mantén a parada de cubas e di que non tocará...

(AMPLIACIÓN) Alcoa mantén a parada de cubas e di que non tocará “o emprego”

A dirección da multinacional desatende a petición do comité de empresa de suspender o proceso pero asegura "que non hai tomada ningunha outra decisión de redución da produción"

Publicada o

- Advertisement -

O proceso de paralización de 32 cubas iniciado o pasado luns en Alcoa San Cibrao seguirá adiante.

A dirección da multinacional rexeitou considerar a petición do comité de empresa da factoría de Cervo, que este mércores lle solicitou nunha reunión pospoñer a decisión ata o 23 de setembro, data límite para a investidura do presidente do Goberno central.

Os representantes dos traballadores deron conta a través dun comunicado do contido da xuntanza que mantiveron co novo presidente da multinacional en España, Álvaro Dorado.

Na nota, os sindicatos argumentan que, “de constituírse un novo Executivo e aprobarse o estatuto para as electrointensivas, o escenario melloraría facendo innecesaria esta medida”.

“DECISIÓN IRREVERSIBLE”

O directivo sostivo, sen embargo, que “a decisión era irreversible” e asegurou que “a medida busca levar a planta á situación máis competitiva neste momento sen tocar o emprego“.

A paralización das cubas, que segundo a folla de ruta prevista se completará a finais de setembro, preocupa aos sindicatos porque ven nesta decisión “un espello da agonía das plantas da Coruña e Avilés“.

ALCOA DI QUE QUERE “CONTINUAR” CO ALUMINIO EN CERVO

Neste senso, Dorado asegurou que “a día de hoxe Alcoa non ten tomada ningunha outra decisión de redución de produción” e “manifestou a intención firme da empresa de continuar coa produción de aluminio en San Cibrao”.

O presidente da compañía en España comunicou aos sindicatos que “nas vindeiras semanas mantería reunións coas distintas administracións e ministerios” e “emprazou ao comité a una nova reunión nun prazo de tres a catro semanas“.

O GOBERNO SEGUIRÁ COA POXA DE INTERROMPIBILIDADE

O Ministerio para a Transición Ecolóxica ampliou ata o 30 de novembro o prazo que finalizaba o 31 de agosto para que os grandes consumidores de enerxía eléctrica soliciten o acceso ao servizo de interrompibilidade, que se activará a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Este adiamento para poder participar na subasta débese a que o pasado 5 de xuño publicouse a nova directiva europea sobre os mercados interiores de electricidade, acorde cos compromisos climáticos do Acordo de Parides, segundo a orde ministerial publicada este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE).

AMPLÍA O PRAZO PARA PARTICIPAR

O argumento principal esgrimido para ampliar en tres meses o prazo para acceder á poxa de interrompibilidade é compatibilizar a citada directiva co prazo de solicitude ao operador do sistema, que convoca o Ministerio para a Transición Ecolóxica e que administra Rede Eléctrica de España (REE).

A nova data -30 de novembro- para acceder á asignación da interrompibilidade afecta tamén ao resto de prazos correlativos do calendario. Deste xeito, o operador do sistema alonga o prazo para habilitar aos consumidores ata o próximo 15 de decembro, tras analizar a información presentada.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica no prazo dun mes.

A interrompibilidade é un mecanismo de axuste do sistema polo que empresas con gran consumo de enerxía están dispostas, a cambio dunha retribución, a suspender o seu consumo no caso de que sexa necesario para a seguridade de subministro eléctrico, aínda que desde 2018 tamén se usa para controlar os prezos da electricidade, dado que supón rebaixas cuantiosas para as compañías.

CHAVE PARA ALCOA

Na última poxa, o pasado mes de xuño, Alcoa obtivo un total de cinco bloques de 40 MW (200 MW) para a segunda parte do ano no complexo industrial de San Cibraoun menos dos acadados o pasado mes de decembro na subasta para o primeiro semestre deste curso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...