InicioEconomíaVillares acusa aos sindicatos de Alcoa de "condescendencia" co Goberno por "non...

Villares acusa aos sindicatos de Alcoa de “condescendencia” co Goberno por “non mobilizarse”

O alcalde de Cervo lamenta que as centrais reclamen unha reunión co presidente da Xunta en lugar de presionar ao Executivo de Pedro Sánchez

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de CervoAlfonso Villares, afeou este luns aos sindicatos que non se mobilicen ante a parada de 32 das 512 cubas de electrolise con que conta a factoría de Alcoa en San Cibrao.

O popular censura que a día de hoxe “está todo moi parado” e que “non se entende esta situación. Levamos todo o verán con este problema e xa desde que xurdiron os problemas en Avilés e A Coruña“, dixo, sen que se elaborase o estatuto para as electrointensivas.

Villares lembrou que “fai seis ou sete anos, gobernase quen gobernase en Madrid, todos nos mobilizabamos, había que moverse cando os sindicatos e o comité de empresa nos expuxeron as mobilizacións”, abundou.

“Había que visibilizar o problema para buscar unha solución”, que igual que agora pasa polo “prezo da luz“, para rebaixar o custo da enerxía.

Contrapón esas protestas ao que ocorre hoxe. “Todos en absoluto silencio, parece unha actitude de condescendencia co Goberno central algo que é incomprensible”, reprochou de novo ás centrais sindicais.

Villares tamén lamenta que os sindicatos reclamen unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no canto de presionar ao Executivo de Pedro Sánchez.

REUNIÓN CON FEIJÓO

“Agora piden unha reunión con Feijóo cando o presidente da Xunta leva tempo solicitando a Madrid unha solución ao prezo da luz. Lévao facendo hai tempo e nós tamén, pero agora os que se movían fai sete anos están parados“, manifestou.

Villares volveu a insistir na necesidade de “mobilizarse. Temos un problema e se non se toma unha decisión a fábrica vai pechar e imos quedar sen o corazón empresarial e laboral da Mariña Lucense“, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...