InicioEconomíaO persoal de Alcoa aproba protestas na Mariña, Lugo e Madrid ante...

O persoal de Alcoa aproba protestas na Mariña, Lugo e Madrid ante o “momento máis perigoso” da fábrica

Este venres comezará o calendario de mobilizacións proposto polo comité, cunha concentración no cruzamento do Castelo de 14.00 a 14.30 horas

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Alcoa aprobou “por unanimidade” o calendario de mobilizacións proposto polo comité de empresa para esixir “unha solución” á situación da fábrica de aluminio, na que a multinacional reduciu a produción nun 11%.

As protestas incluirán concentracións de 14.00 a 14.30 horas, cada venres de setembro, no cruzamento do Castelo. Eses días tamén se informará sobre a situación desde a entrada da xornada laboral.

MOCIÓN NA DEPUTACIÓN

Presentarase unha moción na Deputación na que se reclamará das institucións “a urxencia dunha solución para a industria do aluminio”. Os obreiros asistirán en San Marcos ao pleno na que se debata esta iniciativa.

SOLICITUDE DE REUNIÓN COA MINISTRA

Os traballadores realizarán unha marcha en Lugo ata a delegación do Goberno central, para facer entrega dunha solicitude de reunión coa Ministra de Transición Ecolóxica, Reyes Maroto, unha xuntanza comprometida polo seu gabinete para a primeira quincena deste mes de setembro.

IMPLICACIÓN DAS CORPORACIÓNS

Convocarase ás corporacións da Mariña Lucense e alcaldes para pedir o seu apoio e colaboración nas mobilizacións, “e facerlles entrega de mocións solicitando a solución por parte do Executivo central”.

PROTESTA EN MADRID “NUN DÍA SINALADO”

Así mesmo, o calendario de protestas aprobado inclúe unha concentración en Madrid “nun día sinalado”, sexa o do pleno de investidura ou o do primeiro Consello de Ministros do Goberno.

Tamén se convocará, expón o comité nun comunicado, unha manifestación central na Mariña Lucense.

Os sindicatos resaltan que non se trata “dun calendario pechado”, senón “flexible que se irá modificando e ampliando en función da evolución das circunstancias”.

TEMOR A DESPEDIMENTOS SE NON HAI INVESTIDURA

Segundo expuxo o comité nun comunicado, Alcoa San Cibrao vive “o momento máis perigoso para a continuidade da fábrica nos seus 40 anos de historia”.

A ausencia dun Goberno central, “o único ao que a lei lle dá competencias para solucionar o problema do excesivo custo da enerxía, é o máis urxente dos atrancos que temos”.

Os traballadores mostran o seu temor a que haxa despedimentos ao sinalar que a “case certeza” dunha repetición electoral, advirten os traballadores, “achéganos á posibilidade de que Alcoa dea o seguinte paso na súa estratexia de conseguir un prezo competitivo da electricidade ou pechar todas as súas fábricas no Estado”.

O ESTATUTO, “INSUFICIENTE” PARA ALCOA

Segundo expoñen os traballadores, a dirección de Alcoa tamén esixe “compensacións do máximo permitido por emisións indirectas por CO2, cambios no sistema de interrompibilidade, ou o favorecemento dos contratos bilaterais pois din que a proposta de estatuto da industria electrointensiva que coñecen non chega”.

A FACTORÍA, “ENTRE AS MÁIS EFICACES DO MUNDO”

“A industria do aluminio é unha industria con moito futuro é esta é unha fabrica que se
considera entre as máis eficaces do mundo. O noso produto é o de maior calidade, tanto en alúmina como en aluminio“, resaltan os traballadores, que se manifestarán para que “a desidia e inacción das administracións nos conduzan á parada da fábrica”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...