InicioEconomíaO comité cre que as eleccións xerais "van condicionar o futuro" de...

O comité cre que as eleccións xerais “van condicionar o futuro” de Alcoa San Cibrao

Os traballadores retomarán este venres, cun corte da N-642 á altura do Castelo, as protestas polo prezo da enerxía e o recorte produtivo en aluminio

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao, Xosé Paleo, asegurou este mércores que as vindeiras eleccións xerais “van condicionar o futuro” da planta de aluminio da multinacional na Mariña Lucense.

Os sindicatos advertiron o pasado martes, despois de entrevistarse o luns coa ministra de Industria, Reyes Maroto, que manterán as mobilizacións acordadas en asemblea ante o que cualifican como “o momento máis perigoso” para a factoría “en 40 anos de historia”.

Sobre a xuntanza con Maroto, Paleo insistiu en que a valoración foi “moderadamente positiva” porque a situación “xa levaba a que seguro que ía ver outra vez eleccións xerais, e ata que vexamos como se van concretando esas promesas da ministra non nos vai a quedar outra que seguir coas protestas porque as cubas seguen paradas”, resaltou.

Alcoa executou este verán a parada de 32 das 512 cubas de electrolise para amortiguar as “perdas” que deixa a fábrica de aluminio, que cifra “entre catro e cinco millóns mensuais”. Deste xeito reduciu nun 11% a produción dunha factoría altamente dependente da enerxía eléctrica -a luz supón o 40% dos custos produtivos-, e que a empresa ve “inviable” sen un abaratamento da electricidade.

SEN NOVAS SOBRE AS CUBAS PARADAS

Sobre as 32 cubas paradas, Paleo advertiu que por parte de Alcoa “non houbo ningunha nova de cando van volver arrincar. Será cando as condicións o permitan, que é o mesmo que dicir que non o sabemos, o mesmo pode ser a semana que vén, que non cremos, como pode ser un ano”, lamentou.

“Imos continuar co calendario de mobilizacións, con datas fixadas e outras pendentes de establecer. Xa dixemos que segundo evolucionase o asunto ese calendario era susceptible de modificarse, ou ben para ampliarse ou ben para reducirse”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...