InicioEconomíaParada de Ence Navia, con 1.200 obreiros implicados, co obxectivo de alcanzar...

Parada de Ence Navia, con 1.200 obreiros implicados, co obxectivo de alcanzar as 620.000 toneladas anuais

A empresa calcula que as reformas tecnolóxicas na planta permitirán aumentar a produción en 80.000 toneladas de celulosa ao ano

Publicada o

- Advertisement -

A biofábrica de Ence Navia iniciou este martes unha parada técnica anual que se prolongará ata o 30 de outubro, co obxectivo completar un proxecto de ampliación que permitirá aumentar a capacidade de produción da factoría, segundo a empresa, en 80.000 toneladas, para alcanzar as 620.000 toneladas de celulosa ao ano

Este incremento baséase, argumenta Ence, “na optimización tecnolóxica directa de equipos e sistemas ao longo de todo o proceso, o que permitirá eliminar os actuais pescozos de botella”.

O investimento supera os 113 millóns de euros, dos que unha terceira parte, 35 millóns, destínase a melloras medioambientais. “Neste ámbito”, afirma Ence, “destacan a redución do consumo de auga ou a mellora da calidade do efluente, así como a erradicación de cheiros e a minimización de ruídos. Todo iso débese á aplicación na planta naviega das máis modernas tecnoloxías dispoñibles no sector da produción de pasta de papel”, sostén.

PARTICIPAN 150 EMPRESAS

Para completar todas as actuacións incluídas dentro do proxecto Navia 80, está prevista a participación de 150 empresas e ata 1.200 traballadores de xeito simultáneo. Como en ocasións anteriores, afirma Ence, a compañía deu prioridade a firmas da contorna e de Asturias, ademais de contar para os traballos con marcas internacionais especializadas no sector da celulosa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...