InicioEconomíaO parque empresarial de Mondoñedo contará este ano cun novo taller mecánico

O parque empresarial de Mondoñedo contará este ano cun novo taller mecánico

O negocio, dedicado á reparación de vehículos industriais, desenvolverase nunha parcela de 1.514 metros cadrados

Publicada o

- Advertisement -

O parque empresarial de Mondoñedo contará este ano cunha nova actividade empresarial, coa posta en marcha dun taller mecánico para a reparación de vehículos industriais, que xa comezou os traballos para a súa instalación, segundo avanzou Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), a xestora do polígono industrial.

A actividade do taller que impulsa Víctor Díaz Ares desenvolverase nunha parcela de 1.514 metros cadrados, que foi vendida por SEA, que depende do Ministerio de Fomento, durante o pasado 2018.

36.581 METROS CADRADOS DE EDIFICABILIDADE

O parque empresarial de Mondoñedo é un dos trece que gestiona SEA en Galicia e dispón dunha superficie bruta de 70.000 metros cadrados, cunha edificabilidade industrial e terciaria de 36.581 metros cadrados. De fácil acceso, está situado en dirección a Lugo na estrada N-634, á altura do enlace coa LU-160.

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, mostrou a súa satisfacción polo futuro inicio desta actividade industrial no parque empresarial de Mondoñedo e confía en que supoña o “impulso a un polígono estratéxico que se promocionará máis intensamente para fomentar o seu crecemento e desenvolvemento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...