Os traballadores de Alcoa escollerán aos seus representantes do 4 ao 8 de novembro

As eleccións sindicais chegan nun momento convulso para o complexo industrial de San Cibrao, coa planta de aluminio posta en cuestión sen un abaratamento da electricidade

Apoio á reivindicación dos traballadores no partido de fútbol da SD Burela. AXM

O persoal do complexo industrial de Alcoa San Cibrao votará aos seus representantes nas eleccións sindicais do vindeiro mes de novembro, os días 4, 6 e 8 dese mes.

Segundo informou o comité de empresa a través dun comunicado, o día 4 votarán as quendas XN, A, E e C de aluminio, e XN, E, C e B de alúmina. O horario será de 10.00 a 18.00 e de 21.30 horas a 01.30.

O día 6 está previsto que voten as quendas XN e D de aluminio e XN e A de alúmina, nun horario matinal (de 10.00 a 14.00 horas).

Finalmente, o 8 de novembro, venres, serán os obreiros das tandas XN e B de aluminio e XN e D, de 8.30 a 12.30 horas, os que emitan o seu sufraxio.

Nos pasados comicios, deuse unha situación de empate a sete representantes entre CIG e UGT, sendo o sindicato nacionalista o máis votado. CC OO obtivo seis delegados, por dous de CSIF e un de APC. Daquela votou o 77,8% dun censo de 1.205 traballadores.

CONCENTRACIÓN O MÉRCORES EN SAN CIBRAO

As eleccións sindicais chegan nun momento convulso, no que a multinacional pon en cuestión a fábrica de aluminio -cun total de 570 empregos directos- sen un abaratamento do prezo da electricidade.

A compañía estadounidense executou unha parada de 32 cubas de electrolise que os traballadores entenden como un paso previo a despedimentos, polo que citaron á Mariña Lucense a unha nova concentración, desta volta na Praza dos Campos de San Cibrao, o vindeiro mércores ás 20.30 horas.

A XUNTA INSISTE EN COÑECER O ESTATUTO

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, afeou unha vez máis ao Goberno central que “non” comparta o “contido do borrador” do estatuto de empresas electrointensivas, un documento do que está pendente a planta de Alcoa de San Cibrao.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here