Tomé cre que os recursos xerados polo porto de San Cibrao “deben reverter na Mariña”

O pleno provincial debaterá unha moción dos socialistas para dotar a Lugo dunha autoridade portuaria propia

Plano do porto de San Cibrao. AUTORIDADE PORTUARIA FERROL-SAN CIBRAO

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, amosou a esperanza de que San Cibrao teña “Autoridade Portuaria propia” e non dependa da de Ferrol. En declaracións aos medios minutos antes de entrar no pleno da institución provincial, Tomé lembrou que foi o seu partido, o PSdeG-PSOE, o que iniciou “este proceso hai anos, no 90”.

“Continuamos despois no Senado. E grazas ao senador LuchoLuís Ángel Lago Lage– conseguiuse en 2004 que Lugo fose declarada provincia marítima, que é o paso previo e necesario para poder ter Autoridade Portuaria”, engadiu.  Neste contexto, o presidente provincial apelou a que nestes momentos, “da man” da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e das asociacións de veciños, se traballa “na mesma dirección”.

CASO ÚNICO NO ESTADO

Tomé destacou que o porto de San Cibrao “é o único caso que se dá no Estado español que se goberna de desde outra provincia. “Nós consideramos que aqueles recursos que se xeran na provincia de Lugo revertan na provincia, neste caso nos portos da Mariña Lucense“, engadiu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here