Gondán bota o catamarán de fibra “máis grande e rápido” construído en España

Krilo Lux ten capacidade para 440 persoas e transportará pasaxeiros en Croacia

Krilo Lux. ASTILLEROS GONDÁN

Astilleros Gondán botou o pasado martes, nas instalacións da División Fibra de Castropol, coincidindo coa pleamar, un novo catamarán de pasaxe fabricado en GRP (plástico reforzado con vidrio) para o armador croata Krilo HR.

Krilo Lux, con capacidade para ata 440 pasaxeiros, conta cunha eslora de 36 metros e unha manga de 10,5, e poderá alcanzar unha velocidade de ata 34 nós, o que lle converte no catamarán de fibra “máis grande e rápido construído en España“.

FERRY ENTRE SPLIT E DUBROVNIK

O buque operará como ferry para liña regular de transporte de pasaxeiros, cubrindo a ruta entre Split e Dubrovnik.

Nos próximos días, o catamarán comezará o seu programa de probas e será entregado á navieira o mes que vén. É o segundo buque que Gondán constrúe para o armador croata Krilo HR.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here