Nova protesta dos obreiros de Reymogasa para que se garanta a subrogación de 65 operarios

O comité esixe que a nova beneficiaria do contrato de mantemento mecánico en alúmina absorba aos traballadores "coas mesmas condicións laborais"

Os traballadores de Reymogasa manifestáronse de novo este venres para esixir a subrogación dos 65 empregados encargados das tarefas de mantemento mecánico no departamento de dixestión da planta de alúmina de Alcoa, en San Cibrao.

Os operarios marcharon unha vez máis desde os vestiarios da auxiliar á portería do complexo industrial da multinacional para esixir que se garanta a absorción dos traballadores afectados por parte da empresa beneficiaria do contrato, despois de que Reymogasa renunciara “unilateralmente” a continuar prestando os mencionados servizos.

O CONTRATO EXPIRA EN DECEMBRO

O comité de empresa de Reymogasa esixe garantías da subrogación dos traballadores “nas mesmas condicións laborais” unha vez finalice o contrato, o vindeiro día 10 de decembro. Os sindicatos aseguran que foron “excluídos” das conversas para a concreción do novo acordo, e informados “tarde e mal”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here