InicioEconomíaO PP ve "un disparate" a reapertura do bonito, que beneficiará "só...

O PP ve “un disparate” a reapertura do bonito, que beneficiará “só á frota canaria”

Os conservadores remarcan que a decisión provocou "malestar" na frota, despois da costeira "máis curta da historia" e en novembro, cando os buques están a outras tarefas

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, cualificou de “disparate” a decisión da Secretaría Xeral de Pesca do Goberno socialista en funcións de de autorizar desde o pasado luns a reapertura da pesca do bonito (atún branco do norte) en augas do océano Atlántico. A decisión é “especialmente indignante” tendo en conta que, na práctica, só beneficia á frota canaria.

Os populares fanse eco do “malestar e da indignación” xerada entre a frota lucense por unha nova decisión do Goberno de Sánchez que “despreza á Mariña lucense. O Executivo socialista autoriza a reapertura da pesca en pleno de mes de novembro, cando os barcos están dedicados a outras labores e exclúe expresamente desta autorización ás embarcacións que participaron na costeira durante o verán”.

Por se fora pouco, Rouco lembra que a frota de baixura do Cantábrico sufriu este ano “a costeira máis breve da historia”, ao pecharse o 23 de agosto, mes e medio antes do habitual, alegando daquela o esgotamento da cota. “É unha tomadura de pelo que reabran a costeira dous meses despois de impoñer á frota que deixaran de pescar cos caladoiros cheos de túnido”, argumenta.

O PASADO ANO, ESCENARIO SIMILAR

Rouco lamenta a “improvisación e falta de planificación” coa que o Ministerio está a tomar as decisións en materia de estratexia pesqueira. No pasado ano, o Goberno central reabriu igualmente a pesquería despois de pechala, daquela en outubro, sen posibilidade de faenar para as embarcacións dirixidas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...