InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa convocan á Mariña o 4 de decembro en...

Os traballadores de Alcoa convocan á Mariña o 4 de decembro en Foz: o aluminio “sálvase loitando”

Tralas concentracións de Xove, Cervo e Burela e a manifestación de Viveiro, os sindicatos retoman as protestas para esixir un abaratamento da luz que garanta a continuidade da fábrica

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa retomará o mércores 4 de decembro en Foz as concentracións para esixir ao Goberno central un prezo da enerxía que garanta a continuidade da planta de aluminio, que a multinacional -despois de parar 32 cubas- pon en cuestión sen unha electricidade máis barata.

A protesta, segundo anunciaron os sindicatos este luns, será ás 20.00 horas na Praza Conde de Fontao, baixo o lema ‘Enerxía solución: Alcoa sálvase loitando‘. Tralas concentracións de Xove, Cervo e Burela e a manifestación de Viveiro, o comité continúa a levar os actos reivindicativos aos distintos municipios da bisbarra, para concienciar aos arredor de 72.000 habitantes da Mariña Lucense de que se trata dun problema que afecta a todos, dada a incidencia do complexo industrial no tecido socioeconómico da comarca.

A POXA DE INTERROMPIBILIDADE, CHAVE

Namentres o PSOE e Unidas Podemos negocian a formación dun Goberno de coalición tralo preacordo entre as dúas formacións, e non se aproba o estatuto do consumidor electrointensivo, demandado por Alcoa e os sindicatos e comprometido en varias ocasións polo Executivo socialista, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, advirte de que os traballadores están moi pendentes da convocatoria da poxa de interrompibilidade, da que “depende moito a viabilidade da fábrica”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...