InicioEconomíaAlcoa San Cibrao pechará o ano con números positivos

Alcoa San Cibrao pechará o ano con números positivos

A planta de alúmina compensará as perdas na factoría de aluminio; a multinacional non aclara onde aplicará os recortes anunciados nin amosa as previsións económicas para 2020

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa pechará as contas deste ano en España -as do complexo de San Cibrao, no concello de Cervo– con números positivos, segundo indican fontes sindicais sobre o que trasladou a empresa aos representantes dos traballadores no marco da reunión do comité europeo que se celebrou este mércores en Madrid.

Estas fontes destacan que “as perdas na planta de aluminio compénsanse coas ganancias da fábrica de alúmina“. Segundo o presidente do comité de San Cibrao, José Antonio Zan (CC. OO.), á armonización das cifras “contribúe a inxección de 25 millóns de axudas compensatorias do CO2“, que recentemente recibiu a multinacional por parte do Goberno, aínda que a firma non o reflicta oficialmente nas súas contas deste ano, segundo explica por motivos da normativa estadounidense.

ALÚMINA SOFRE A CAÍDA DOS PREZOS

As perdas de aluminio foron, segundo a versión dos sindicatos, “menores do previsto” e compensadas pola produción de alúmina, que con todo foi menos rentable -mesmo ata darse números vermellos- contra os últimos meses do exercicio polo seu baixo prezo, que se agarda similar para o primeiro treito do vindeiro curso.

Neste sentido, tanto o prezo da alúmina (280 euros) como do aluminio (1.734, segundo o LME da bolsa de Londres) están a un nivel baixo, especialmente neste último caso.

A empresa non facilita datos concretos sobre o conxunto do 2019, aínda que sinala -por separado- que prevé que a planta de aluminio supoña perdas “de entre 50 e 60 millóns, superiores aos 48 do pasado exercicio-” e no tocante á alúmina sinala que tivo “resultados positivos, pero agora está nunha situación máis complicada pola caída dos prezos, que son commodities e fíxanse en mercados internacionais”. Isto deixa nunha situación de debilidade a Alcoa fronte a competidores e compradores.

OS PROBLEMAS DE ALUMINIO, ESTRUTURAIS

Con todo, Zan apunta que os problemas de alúmina veñen “por unha situación conxuntural“, mentres que a produción de aluminio primario ten dificultades “a nivel estrutural. É complicada nas actuais condicións de custos enerxéticos“, expón.

O presidente do comité de San Cibrao subliña que é preciso que se poña en marcha “non só o estatuto das electrointensivas, senón tamén outras medidas complementarias para reducir o prezo da luz e poder minorar así o custo de produción e facer á planta competitiva. Os partidos políticos teñen que ser serios e resolver estas cuestións no Congreso, porque sen industria non hai país“, apunta.

RECORTES

Neste sentido, o representante dos traballadores expuxo que a situación a pesar dos resultados económicos é “igual de negra que a que había ata agora” e engadiu respecto da incerteza sobre o futuro e os posibles peches e recortes que “ensinaron a escopeta”.

“Non pegaron o tiro aínda, pero xa sabemos a quen están a apuntar cando falan de baixar produción“, incidiu. “As plantas afectadas serán as que teñen perdas“, conclúe o sindicalista, polo que urxe a que se tomen medidas “antes de que a multinacional aborde posibles recortes”. A empresa non aclarou nada respecto das medidas que anunciou en outubro como posibles peches e desinvestimentos en activos non estratéxicos.

Malia que a multinacional indica que as decisións se comunicarán “conforme se tomen”, e desbota dar prazos para concretar as conclusións do plan de axuste previsto, algunhas fontes sinalan que este último trimestre saberanse os lugares onde se prevé aplicar, un prazo de cinco anos, a redución da produción prevista no plan de axuste anunciado.

A VINDEIRA CONCENTRACIÓN, O 4-D

“É imposible sacarlles nada, por moito que o tentamos”, expón o presidente do comité europeo, José Luis Combarro, que fai fincapé en que se a empresa estuda aplicar recortes produtivos debe informar aos sindicatos primeiro de tomar unha decisión, “non como ocorreu nos casos da Coruña e Avilés, nos que nos topamos con plantexamentos pechados. Hai unha normativa que nos une e que se debe cumprir e se non é así acudiríamos de novo aos tribunais europeos”, indica.

Combarro remarca a necesidade de seguir pelexando polo futuro da planta. Polo de agora, a vindeira concentración para esixir unha rebaixa do prezo da enerxía eléctrica será o 4 de novembro.

“A situación segue a ser a mesma ou peor desde a manifestación de Viveiro”, indica Combarro, que subliña que a ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, comprometera unha xuntanza para amosar o estatuto das electrointensivas pola que aínda esperan os sindicatos.

AS PREVISIÓNS PARA O VINDEIRO ANO “NON ESTÁN LISTAS”

Doutra parte, segundo expuxeron os sindicatos, a multinacional non achegou ao comité europeo as previsións económicas para o ano 2020 aducindo que “non están listas” porque a remodelación da estrutura da empresa impediu que estean realizadas a data de hoxe. No entanto, en principio a empresa comprometeuse a entregalas en canto estean listas.

ALCOA ACUDIRÁ Á POXA DE INTERROMPIBILIDADE

Sobre a poxa enerxética de interrompibilidade, que se producirá en decembro, confirmou ao comité europeo que acudirá á mesma, aínda que aínda non se coñecen as condicións nas que se vai a celebrar. Alcoa criticou en edicións anteriores a fragmentación dos bloques subastados e os baixos prezos de saída, que prexudican a unha planta de aluminio especialmente dependente da luz.

Neste sentido, El Periódico de la Energía asegurou que o Goberno central aprobará o estatuto das electrointensivas e o calendario de subastas o próximo venres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...