Comeza a campaña da centola e o boi na Mariña Lucense

A cota máxima de captura para cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, así como outros 35 quilos diarios por cada tripulante a bordo

A campaña da centola comeza coa data de peche por concretar. AXM

A Consellería do Mar abriu este luns -día 2 de decembro- a campaña extractiva da centola e o boi na costa da provincia de Lugo, despois de que o pasado 11 novembro comezase oficialmente en Pontevedra e A Coruña.

Segundo informou a propia Xunta de Galicia, a campaña quedou aberta no área que vai desde o cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) ata a desembocadura do río Eo -incluíndo tamén a ría do Barqueiro-.

De feito, a flota que se dedica á extracción de ambas especies estaba autorizada para calar os aparellos a partir das 00.00 horas e levar as súas capturas este mesmo luns á lonxa.

A cota máxima de captura para cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, así como outros 35 quilos diarios por cada tripulante a bordo.

O INICIO DA VEDA DE 2020, POR DETERMINAR

A campaña prolongarase na costa de Lugo ata o inicio da veda de 2020, que se fixará de acordo co correspondente plan de xestión dos recursos.

Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base en Galicia, así como aqueloutras que tendo a súa base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here