InicioEconomíaVillares acusa ao Goberno de "vender fume" e de condenar A Mariña...

Villares acusa ao Goberno de “vender fume” e de condenar A Mariña “ao despoboamento”

O alcalde de Cervo ve "incomprensible" a actitude do Executivo coa fábrica de San Cibrao trala modificación dos criterios da subasta de interrompibilidade, prexudicial para Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, asegurou este martes que as condicións da poxa de interrompibilidade anunciadas polo Goberno central en funcións “poñen á nosa comarca nunha situación verdadeiramente crítica”, ao reducir máis da metade a potencia, eliminando ademais os bloques de 40 MW, “que realmente interesan á nosa empresa do aluminio para garantir a súa viabilidade”.

Tanto o comité de empresa do complexo industrial de San Cibrao como a propia multinacional amosáronse críticos coas condicións da subasta, ao repartise menos potencia e de forma máis fragmentada, o que prexudica a grandes consumidores de enerxía como Alcoa. A planta de aluminio de Cervo é especialmente dependente da luz, que supón o 40% dos seus gastos de produción.

“ENGANO REITERADO A TODOS OS MARIÑAOS”

Villares asegura que o cambio de criterio nas condicións da subasta é “unha evidencia máis de que o Goberno central está enganando de forma reiterada a todos os mariñaos, á comarca, e a toda a provincia de Lugo. Primeiro no mes de abril, logo en novembro antes das eleccións e coa visita da Ministra á fábrica, vendendo fume sobre un suposto borrador de electrointensivas que está desaparecido, que ninguén viu”, critica o rexedor.

O alcalde de Cervo repróchalle ao Executivo do Estado “unha actitude incomprensible e inxustificable coa nosa zona“, que “leva máis de ano e medio necesitando un prezo da enerxía competitivo ao nivel de Europa, sen ter resposta”.

“Aquelas persoas que queiran abrir os ollos que os abran e os que nos que sigan vivindo no engano”, expuxo, para afirmar que o Goberno central, “con estes pasos que está dando, non só quere pechar a nosa empresa do aluminio, quere pechar toda a comarca, porque nos está condenando a unha despoboación brutal e irreparable”, apuntou.

O Goberno non se pode escusar en que está en funcións, argumenta Villares, “porque tanto como modificou os criterios da poxa á baixa, podíao ter feito á alza, pero cada medida que toma ou máis ben que non toma nesta materia, está a ser un completo despropósito para A Mariña”.

CONCENTRACIÓN

O Concello de Cervo pechará este martes as instalacións municipais ás 19.30 horas para favorecer a asistencia do persoal municipal á concentración que terá lugar na Praza Conde Fontao en Foz, ás 20.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...