InicioEconomíaA Xunta pregunta polo "estatuto pantasma" e esixe respostas ao Goberno ante...

A Xunta pregunta polo “estatuto pantasma” e esixe respostas ao Goberno ante a situación de Alcoa

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, considera o actual escenario "impredecible"

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, arremeteu este venres contra o “desleixo” do Goberno central que “pon nunha situación de inviabilidade” a empresas electrointensivas como Alcoa. A multinacional asegurou o pasado xoves que está a “avaliar” a situación da planta de San Cibrao despois do resultado da poxa de interrompibilidade, coa caída “do 90%” dos seus ingresos pola prestación deste servizo.

Preguntado por esta cuestión en Santiago, Conde mostrou a súa “enorme preocupación” pola “falta de respostas” do Goberno, que tacha de “inédita“.

Neste sentido, esixe ao Executivo central que “pase á acción“, pois di “non saber se se corresponde a unha posición proactiva para pechar Alcoa”.

Lembra que o presente do Goberno, Pedro Sánchez, “comprometeuse a facer as xestións necesarias” sobre Alcoa, en conversación con Alberto Núñez Feijóo, pero lamenta o “silencio indolente por parte do Goberno”.

De tal forma, advirte de que a planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo (Lugo), xa reduciu a súa produción en setembro, mentres “traballa nunha reorganización de liñas de produción a nivel internacional”. A empresa anunciou un plan de axuste a nivel global, nun prazo de cinco anos, que inclúe o peche de plantas e recortes produtivos, e os traballadores temen que a factoría de aluminio cervense sexa das primeiros afectadas ante o prezo da luz.

A MESA DE SEGUIMENTO DO 15-X “PODE CHEGAR TARDE”

Así, o conselleiro opina que se afronta un contexto “impredicible“, tras un mecanismo de poxa de interrompibilidade que non responde as “necesidades de empresas”.

A isto únese un estatuto “pantasma” para as electrointensivas, sobre o que “nin se coñece o contido, nin se hai vontade para medidas concretas”.

Tamén lamentou que a reunión da mesa de seguimento convocada polo Goberna sexa o 15 de xaneiro, no canto de facela antes para buscar unha “reacción inmediata”. Por iso, avisa de que quizais “cando queira reaccionar” o Executivo central chegue “tarde”.

Ademais, empraza a que poña en marcha unha política enerxética que “garanta un prezo competitivo”, de entre 35 e 40 euros por megawatt, como en “os últimos doce anos“.

EN MAREA PRESIONA A BNG E PODEMOS PARA QUE ARRINQUEN UN COMPROMISO A SÁNCHEZ

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pediulles a BNG e Podemos, aos que considerou “socios” do PSOE no futuro goberno de Madrid, a que non perdan o tempo e que negocien xa un compromiso de permanencia de Alcoa en San Cibrao asumible polo PSOE antes da investidura de Sánchez.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...