PSOE e Podemos inclúen o estatuto das electrointensivas no seu pacto de Goberno

Ambos partidos acordan "compensacións e exencións de pago" para empresas con "alto consumo" de electricidade, como é Alcoa

Planta de aluminio de Alcoa. AXM

PSOE e Unidas Podemos acordaron a aprobación do Estatuto do consumidor electrointensivo, con “compensacións e exencións de pago” para as empresas con “altos” custos enerxéticos “a cambio de que estas melloren a súa eficiencia enerxética, e así “potenciar a competitividade e a eficiencia” das mesmas.

Trátase dunha das medidas incluídas no acordo para a investidura de Pedro Sánchez e a conformación dun Goberno de coalición, no que tamén se inclúen modificacións da factura eléctrica, para penalizar o consumo excesivo de enerxía e reducir a porcentaxe que representa a potencia instalada.

Así mesmo, ambas as forzas tamén se comprometen a sacar adiante medidas para reformar o mercado eléctrico e conseguir o abaratamento dos prezos mediante o uso de renovables, sendo o custo de xeración o “criterio fundamental” á hora de retribuír a súa produción.

Máis información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here