InicioEconomíaOs sindicatos de 17 auxiliares anuncian paros e reivindican que San Cibrao...

Os sindicatos de 17 auxiliares anuncian paros e reivindican que San Cibrao ten “2.000 empregos directos”

Solicitarán unha reunión o 7 de xaneiro co comité de empresa do complexo industrial de Alcoa para "coordinar accións conxuntas"

Publicada o

- Advertisement -

A coordinadora que forman os sindicatos das empresas auxiliares de Alcoa mantivo unha xuntanza este luns na que acordou non solicitar presenza na mesa de seguimento convocada polo Goberno central para o futuro do complexo industrial de San Cibrao, e na que resolveu pedir unha reunión co comité de empresa das fábricas de alúmina e aluminio para “coordinar accións e achegar posturas“. As centrais reivindican que, tendo en conta os 1.150 obreiros que traballan nestas dúas factorías e os arredor de 800 que desenvolven tarefas de asistencia, “son 2.000 os postos directos” que dependen da industria ubicada en Cervo.

REXEITAN ESTAR NA MESA DE SEGUIMENTO

A plataforma asegura que “como representantes dos 800 traballadores das empresas auxiliares teriamos dereito á presenza” na mesa de seguimento, convocada en principio para o vindeiro 15 de xaneiro, pero considera que “non é máis que unha xuntanza de blanqueamento político para o PSOE, na cal pouco ou nada se arranxará. A solución a tarificación eléctrica –Alcoa manifestou que a planta de aluminio é inviable sen enerxía eléctrica máis barata– non pasa por mesas de seguimento, pasa por tomas de decisión políticas e deixar o xogo de trileiros”.

O colectivo tamén se mostra crítico co PP: “nin Partido Popular nin PSOE tomaron decisións no momento no que lles tocou tomalas a cada un”, lamenta. Si solicita ás forzas políticas que visiten a planta cervense “que teñan en conta” a unha plataforma que representa a voz “do 50% dos postos directos” do complexo de San Cibrao.

Así, revindica que o complexo industrial de Cervo “conta con arredor de 2.000 postos de traballo directos e non 1.000”. A plataforma convocará aos sindicatos das plantas de alúmina e aluminio o 7 de xaneiro para “coordinar accións e achegar posturas”. Ademais, anuncian unha mobilización, cun paro de dúas horas, para finais do vindeiro mes.

Os sindicatos das auxiliares tamén censuraron a actitude da multinacional. “Dende que Alcoa se fixo cargo da planta de San Cibrao adicouse a reducir postos de traballos directos para externalizalos, levando con iso a unha precarización dos empregos e a unha maior ganancia para eles; non pode ser que agora que pode vir un golpe mal dado que sexamos os primeiros en pagar o pato”, argumenta a plataforma, “tal e como aconteceu nas plantas da Coruña e Avilés“.

SEIS NOVAS EMPRESAS

Aos sindicatos das once empresas auxiliares que participaron na formación da plataforma –ReymogasaCotelsaCyrgasaTerpilJofrasaNogueraIndustrias XovePasek, GarmilMaesa e Isotrón– súmaronse na xuntanza deste luns as centrais doutras seis firmas –Rodabell, Mecanizados Rodabell, Montaxes Rodabell, Saur Xove, Talleres Noguera e Mayco-, polo que aseguran representar unha masa social “de 800 traballadores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...